Entrevista de Ramón Nicolás a Eduardo Santiago en Caderno da crítica:
“(…) – Ramón Nicolás (RN): Sinalou que a novela [O Gran Reino] se xera nunha reacción ao boom das novelas xuvenís de mundos paralelos, por que?
– Eduardo Santiago (ES): A primeira versión escribina hai sete anos. Daquela as miñas fillas eran dúas adolescentes de doce e quince anos e eu lía todos os libros que lían elas, porque gustabamos de intercambiar opinións. De súpeto decatámonos de que estabamos a ler sempre a mesma historia con distintos personaxes.
– RN: E a vinculación co ocorrido coas novelas de cabalerías de finais do XVI?
– ES: Ocorréuseme que podería haber un paralelismo co Quixote e as novelas de cabalerías de finais do século XVI. Unha nena intelixente e problemática que se puxera a ler compulsivamente este tipo de literatura podería desenvolver un certo afastamento da realidade como lle sucedera ao cabaleiro castelán.
– RN: Ao que parece, penso que en O Gran Reino hai elementos que se vinculan coa súa anterior obra publicada…
– ES: A protagonista segue a ser unha moza que, neste caso, chega a crear todo un mundo imaxinario ao seu xeito, como unha metáfora do principio creador feminino. As rapazas que formaron parte do xurado comentáronme que elas estaban convencidas de que esta novela escribíraa unha muller. Non daban creto cando descubriron que o escritor era un home. É a maior gabanza que me fixeron na miña vida. (…)”
Arquivos mensuais: Xuño 2014
Carlos Negro: “A poesía ten que fuxir da solemnidade para se achegar a novos públicos”
Entrevista de Carme Vidal a Carlos Negro en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): No libro [Penúltimas tendencias] fai mención explícita de que vai dirixido a un público concreto, mozas adolescentes. Por que escribe para elas?
– Carlos Negro (CN): Sempre partimos do que se vive e eu son profesor e teño moitas mozas alumnas, rapazas que son lectoras e pareceume un destinatario interesante desde o punto de vista emocional. Makinaria era un poemario moi masculino e, por contraste, o reto era meterme na pel dunha moza nesa idade difícil da adolescencia. Interesábame como viven o mundo da publicidade, da imposición da beleza. (…)
– SG: Por que é singular escribir poesía para a mocidade?
– CN: Como dicía Fran Alonso nunha intervención, estamos inventando o xénero. Poden ler poetas clásicos ou modernos mais parecíame unha posibilidade inmensa que persoas coma min que estamos a carón de adolescentes podamos pensalos como destinatarios. O reto é atopar unha linguaxe contemporánea, que resulta críbel sen caer na impostura. O máis difícil foi atopar a voz, que fose natural, fluída, que se lea como a voz dunha moza e que se esqueza que detrás hai un home. Busquei unha voz feminina, contraditoria e rabuda. Trátase dunha moza que se fai preguntas, a primeira, quen quere ser e se revela contra as persoas que lle din como ten que ser.
Imposicións como o amor romántico, os modelos sexistas… continúan a consagrar a desigualdade e os estereotipos. Quen quero ser neste libro é esa moza que loita contra todo iso. (…)
– SG: Alén diso, vostede foi o autor do manifesto da AELG deste ano para a conmemoración do Día de Rosalía, que desta volta se promocionou con graffitis incluídos.
– CN: Cada vez é máis obvio que Rosalía fala cara o futuro. Canto máis achegamos á literatura ao mundo contemporáneo, mellor a entende o alumnado. Rosalía é un clásico porque permite continúas relecturas. A emigración é Rosalía e é o século XXI que nos tocou vivir. A súa voz é libre e os seus versos son berros para graffitear nas paredes por iso os rapaces a senten próxima. (…)
– SG: No libro hai unha recreación do poema Longa noite de pedra, como fixo no seu tempo o colectivo Ronseltz.Vostede acaba de dicir que fuxe da solemnidade da poesía, síntese herdeiro deles?
– CN: Non tanto nas formas, xa que eu non teño esa actitude paródica, mais si creo que hai unha conexión na antisolemnidade, no antiacadémico. A poesía ten que luxarse as mans, meterse no mundo que lle tocou vivir, lonxe de mensaxes crípticas e elitistas. Síntome herdeiro deles tamén no sentido de ser algo dadaístas, calquera pode ser artista e intentalo. A poesía ten que fuxir da solemnidade se se quere achegar a novos públicos. (…)”
Ferrol: actos destacados do sábado 14 e domingo 15 na Feira do Libro
O sábado 14 e domingo 15 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Sábado 14
– 12:00 h. Firma de Xaquín Marín e Gabriel Tizón na caseta de Central Librera.
– 13:30 h. O actor e escritor Pepablo Patinho presenta o seu álbum infantil 321, publicado por Edicións Embora.
– 18:30 h. Un paso (sempre) adiante! Actuación musical do dúo formado por Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro, arredor de poemas galegos de diversa autoría.
– 20:30 h. Presentación do libro – disco Tanto encanto reunido, de Berros do Castro, publicado por Edicións Embora.
Domingo 15
– 13:00 h. Firma de Ramón Loureiro na caseta de Central Librera.
Manuscritos: Aquilino Iglesia Alvariño
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica.
Vigo: presentación de Chamádeme Eva, de Mercedes Leobalde
O sábado 14 de xuño, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Afora, 11), preséntase Chamádeme Eva, de Mercedes Leobalde, publicada pola A. C. Caldeirón, e que obtivo o VII Certame de poesía erótica Illas Sisargas. No acto participa, xunto á autora, Paco Souto e María José Pérez Carreira.
Betanzos: presentación de Exeria. Nos límites do mundo, de Arturo Iglesias
Compostela: obradoiro de creación literaria da A. C. O Galo, con Marica Campo
Bertamiráns, Ames: presentación de Penúltimas tendencias, de Carlos Negro
Ferrol: actos destacados do venres 13 na Feira do Libro
O venres 13 de xuño continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 11:30 h. Charla coloquio de Xavier Alcalá arredor do seu libro Viaxes no País de Elal. A Patagonia das aventuras, publicado por Galaxia.
– 19:00 h. Presentación do libro disco Brinca vai!, de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.