O luns
25 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Miguel Mato, quen recitará acompañado pola música de guitarra de Brais Morán, e o poeta do Bierzo Juan Carlos Mestre, quen tamén tocará o acordeón.
Arquivos mensuais: Xaneiro 2016
As poetas Lorena López e Alba Cid falan do novo número de Dorna
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A publicación anual de expresión poética fai 35 anos. A entrevista completa pode verse aquí.”
Vigo: Elena Gallego Abad no Club de lectura Voar cos libros
Conferencia do escritor Francisco Castro no IES Ribeira do Louro
Entrevista a Xavier Seoane sobre A dama da noite
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Rosalía sempre nos vai esixir unha tensión intuitiva, emocional, intelectual moi forte”. Xavier Seoane novela a vida de Rosalía de Castro na obra A dama da noite, que publica edicións Laiovento. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Basilio Losada: “A literatura volveuse pedante e aburrida”
Entrevista a Basilio Losada en Luzes:
“(…) – Luzes (L): Pensou en escribir as súas memorias?
– Basilio Losada Castro (BLC): Pídenme todos que as escriba. Dezasete países nos que vivín temporadas en Europa, oito países en América, moita xente coñecida, grandes amigos, o escritor brasileiro Jorge Amado ou Saramago… Hoxe teño condecoracións de Portugal e do Brasil e de Cataluña, as máximas. Cumpro co que se ten que facer coas condecoracións, non lucilas nunca. Teño un neto que, cando tiña oito anos, quería que lle puxesen todas as miñas condecoracións e facerse fotos. Gustábanos moito ver o pequeniño con aquela chatarra. Eu nunca quixen ser escritor porque a vida de escritor é unha agonía permanente, é pavorosa. Pero entón descubrín a vida de lector. Formei unha biblioteca desmesurada. Logo aprendín que todo exceso é un erro. (…)
– L: Exerceu durante corenta anos na universidade, que lle achegou esta institución? – BLC: Os alumnos. Eu aprendín moito máis dos alumnos que nos libros. A cousa que máis me gusta dixéronma os meus alumnos no título do libro de homenaxe: «Ensinounos a pensar con liberdade e con risco». (…)
– L: Por que sempre di que ten 19 patrias?
– BLC: É unha especie de chiste, porque a min os patriotas moléstanme moito, porque son os que teñen unha idea que xa non pode cambiar e as ideas teñen que cambiar coa vida. Para min unha patria é un lugar onde a xente me tratou con cortesía e incluso con cariño, un país onde chamar a alguén galego non era un insulto. O mérito inmenso desta xeración, que eu vou ser o último que a viviu, é intentar eliminar na medida das nosas formas aquel complexo de inferioridade que ao longo de 500 anos puxeron sobre nós. (…)”
Compostela: VI Colóquio Internacional sobre Literatura Brasileira Contemporânea, do 25 ao 27 de xaneiro
“De 25 a 27 de janeiro decorrerá na Faculdade de Filologia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o VI colóquio internacional do Grupo de Estudos em Literatura Brasileira Contemporânea, da Universidade de Brasília. Este grupo, coordenado pola prof.ª Regina Dalcastagnè, tem uma ampla e prestigiada trajetória e conta com membros de universidades brasileiras e estrangeiras, entre as quais se encontra Carmen Villarino Pardo, do Grupo Galabra da USC.
O grupo é responsável pela publicação da revista Estudos de literatura brasileira contemporânea, uma referência na área, e pela realização de inúmeros eventos no país e em universidades estrangeiras, procurando estabelecer pontes entre especialistas de diferentes nacionalidades.
As suas pesquisas priorizam discussões sobre a relação entre literatura e sociedade, tendo em foco a representação de grupos marginalizados e as disputas no campo literário brasileiro.
O Gelbc vem organizando encontros internacionais na Universidade de Brasília e em diferentes universidades do exterior onde trabalham alguns dos seus membros. Neste ano, o encontro será na USC e envolverá questões relativas ao local, o nacional e o internacional.
Toda a informação (programa, resumos, notas biográficas dos participantes, dados de organização e de inscrição, etc.) está na página do colóquio.”