Muxía: proposta de participación nunha xornada de Letras Galegas por Palestina, prevista para maio

Desde o BNG de Muxía proponse a organización, no mes de maio, polo Día das Letras, dunha xornada de Letras Galegas por Palestina.
Nela haberá un pequeno recital e unha venda de libros de autoras/es galegas/os e palestinos e, tamén, ofrecer unha degustación de sobremesas árabes.
Solicítase a colaboración de escritoras e escritores galegos para que doen un ou varios exemplares dalgunha das súas obras, se fose posíbel, cunha dedicatoria e asinadas. Poríanse á venta co prezo que se indique e o importe íntegro sería doado á UNRWA, ao igual que na convocatoria feita hai un mes con artistas plásticos/as da Costa da Morte (a fotografía que acompaña esta noticia é da obra de Inma Doval doada para recadar fondos).

Todas aquelas persoas interesadas poden colaborar enviando as súas obras, até o 5 de maio, ao enderezo:
Mercé Barrientos
Rúa Real, 14
15124 Muxía (A Coruña).

Para calquera cuestión poden contactar con Mercé Barrientos no teléfono 600550620.

O xurado de aRi[t]mar vén de preseleccionar as poesías galegas e portuguesas que loitarán por ser recoñecidas como as mellores do pasado 2023

Redondela: “Adeus Ríos, Adeus Fontes”, escultura poética viva de Andreia Costas


“Adeus Ríos, Adeus Fontes”, é unha proposta de escultura poética viva de Andreia Costas, poeta e artista galega suaba, para a Expo Rueiro Arte Lixo, situada no exterior da Casa da Torre, na Vila de Redondela. Estará en vivo o xoves 18, venres 19 e sábado 20 de abril, de 17:30 a 19:00 horas.
O corpo escultura espido, co acougo meditativo, vístese cun cobertor que van confeccionando a cadradiños pola cidadanía. Cadrados poéticos de versos contra a utilización da auga potable para industria téxtil da que consumimos roupa sen pensar. Os versos propios e alleos son pinchados con imperdíbeis. Sangue vivo precario exposto ás agullas, a das traballadoras textis e a do río. Auga morta por residuos de celulosa e tintas de novos tecidos. Unha acción á beira do río de Redondela, tan castigado polos vertidos da camisería Regojo.
“Adeus Ríos, Adeus Fontes” é, pois, unha intervención artística viva de denuncia medioambiental contra uso da auga doce na industria #Happening Art”

“”Goodbye rivers, Goodbey fountains” is a living sculture_poetry_object by Andreia Costas, poet and artist from Suavia (Germany) and Galicia (Spain), for the ARTE LIXO Street Expo located outside the “Casa de la Torre” Redondela. Artistic intervention of invironmental denunciation. Against the indiscriminate use of sweet water in the textile industry.
The river allegory is the naked body. It will be dressed with poetic squares of passing people in a patchwork quilt way. The title has been taken from our most international poet in Galicia: Rosalía de Castro.

Next Thursday, Friday and Saturday. Schedule from 5:30 to 7:00 p.m.
#Happening Art #AELG”