Arquivos mensuais: Xaneiro 2025
Vigo: conferencia de Ramón Villares, “O Consello de Galiza, goberno galego no exilio”
Vigo: coloquio e presentación de Sentado diante da fiestra, de Antonio García Teijeiro
Toño Núñez: “A escrita é o mellor medio para expresar os sentimentos e a beleza”
Carlos Callón denuncia unha “forte campaña de acoso”
Desde Nós Diario:
“Xa está nas librarías Vidas e historias LGBT da Idade Media (Edicións Xerais), o último ensaio publicado por Carlos Callón, profesor no instituto San Clemente e na Universidade de Santiago de Compostela. Antes da súa publicación, apareceu xa como “un libro que incomoda”, pois recibiu unha “forte campaña de acoso” nas redes sociais, só con anunciar o título e adiantar un capítulo (sobre historias santas trans copiadas en galego-portugués) no semanario Sermos Galiza.
O autor valorou esta segunda feira en conferencia de imprensa que “recibir todos estes insultos antes de que o libro saíse e se puidese ler é a mellor proba da súa necesidade”, mais “a intimidación e a censura non van vencer”. Asegurou que “recuperar as voces esquecidas da historia incomoda a quen prefire o silencio e a distorsión”.
Para Callón, “compróbase moi ben aquí que, cando falamos do pasado, falamos do presente” e “este libro é tamén un espello que amosa que aínda temos que avanzar contra a intolerancia e a censura”. Como resposta aos ataques, a primeira presentación deste libro vai ser esta quinta feira ás 20 horas na libraría Couceiro de de Compostela. “Será un acto en que intervirá tamén Daniela Ferrández, profesora de Historia na USC, e que está pensado non só para lanzar o volume, senón tamén como un evento de defensa da liberdade de investigación e de expresión”.
A pesar dos ataques, Carlos Callón pediu “que o odio non eclipse a convivencia” e agradeceu os “centos de persoas e entidades” que se posicionaron publicamente en apoio. Entre elas, citou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), o movemento LGBT galego, Avante LGBT, a Rede Galega de Estudos Queer, Amnistía Internacional de Vigo, o Bloque Nacionalista Galego, dirixentes do PSdeG e a revista Andaina–Asociación Galega da Muller.
Carlos Callón comezou a investigar sobre o tema cando aínda era un estudante e, de feito, publicou o primeiro artigo académico sobre a cuestión a finais do século pasado, en 1999. Desde aquela, “a miña sorpresa ao encontrar documentos sobre os que nunca escoitara falar levaron a que quixese saber máis, e funme atopando con libros e arquivos que quebraban os esquemas sobre a Idade Media puritana e só guiada pola relixión, que tanto nos furabolaron na cabeza”. (…)”
Crónica videográfica do Congreso de Narrativa 2024 (I)
O Congreso de Narrativas, actividade da AELG co apoio da Deputación da Coruña, CEDRO e o Centro Ágora, tivo lugar o vindeiro 14 de decembro na Aula 9 do Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o seguinte vídeo:
– Presentación do Congreso e mesa redonda Outras narrativas: historias e relatos na rede, na prensa e no audiovisual: con Cesáreo Sánchez Iglesias, María Yáñez, Ismael Ramos, Álvaro Gago e Berta Dávila:
Conversa na Guarda sobre O libro negro da lingua galega, con Carlos Callón
Bases do V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
A Coruña: Castelao político, conferencia de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
O 20 de xaneiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, comeza o ciclo Castelao Sempre, coa conferencia Castelao político, onde Uxío-Breogán Díeguez Cequiel fará un repaso pola actividade máis senlleira de Castelao, primeiro en Galiza e xa logo no exilio.