O domingo 1 de marzo, ás 19:00 horas, en colaboración coa Asociación Cultural Centáurea, terá lugar no Café Keik (Rúa Ánimas, 10), en Gondomar, a lectura do Manifesto da AELG, obra de Eva Veiga, e un recital poético da obra de Rosalía de Castro. Esta actividade conta tamén co apoio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e a Deputación da Coruña.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vigo: presentación de As portas condenadas, de Jorge Emilio Bóveda
Viveiro: presentación de Literatura insólita, de Armando Requeixo, o 28 de febreiro
A Coruña: Gosto de vivir a poesía, Xosé Crecente Vega
Carral: IV edición do Poetry Slam de Carral, con Xurxo Souto
Vigo: presentación dos libros Boa nova para tempos novos, de Manuel Cabada Castro
Compostela: presentación de Personaxes da Galiza medieval IV, o 27 de febreiro
A A. C. O Galo convida á presentación do libro Personaxes da Galiza Medieval IV, o quinto da serie que sobre a idade media en Galiza que están a sacar do prelo. Agasallarase cun exemplar ás persoas asistentes. De querer ir debes anotarte en comunicacion@ogalo.gal antes do xoves 26 de febreiro de 2026 ás 17h., indicando o nome e apelidos. Mandarase desde alí un correo de confirmación indicando que teñen praza as persoas interesadas.
Ourense: presentación de A Virxe do Cristal. Lenda, roubo, asasinato
O 26 de febreiro, ás 11:30 horas, no salón de actos do Centro Cultural da Deputación de Ourense, preséntase o libro A Virxe do Cristal. Lenda, roubo, asasinato, coordinado por Xosé Manuel del Caño. O acto será aberto ao público.








