Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista a Antonio Manuel Fraga e Víctor Rivas sobre O bestiario científico de Anxos Nogueirosa. Pode verse aquí.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vídeo da presentación de Sempre sem Galiza, de Antom Santamarina
Ánxela Gracián: “As novelas nacen dun fogonazo que te marca para sempre”
Vídeo da presentación de Senlleiras, de Antía Yáñez Rodríguez
Vigo: presentación de Antonio Fraguas. Mestre da memoria, de Malores Villanueva
Pontevedra: presentación de Os pioneiros da banda deseñada galega. 1971-1979, de Xulio Carballo
Tabela dos libros. Abril de 2019
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro lunes do mes, chega a nova Tabela dos libros, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Acta do xurado do I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento
Compostela: presentación de As voces da auga, de Ánxela Gracián
Callón inscribe a perda no seu segundo libro de poemas
Artigo de Daniel Salgado en Sermos Galiza:
““Como inscribir o que non está, como inscribir o que falta, como rexistrar a perda”, explica Carlos Callón (Ribeira, 1978) a Sermos Galiza os propósitos da súa obra. Lapidaria, cruzada pola morte e ao tempo con ángulos de humor, heteroxénea e cun tramo final desbordado escrito á morte da nai –As mans titúlase a sección-, Inscricións busca “o gume” onde se atopa o descoñecido. (…)
“Un amigo portugués [o poeta reside en Lisboa, onde é docente de xeografía e historia] dime que como é posíbel que eu, que sempre sorrío, escriba sobre a morte e a destrución”, relata. Nalgúns recitais previos á saída de Inscricións había quen remataba chorando. “Hai dores que se tocan”, entende, “e ás veces a poesía consegue que o entendamos ben”.
Esa experiencia tamén serviu ao autor para reflexionar sobre as mudanzas nas formas de chorar e “as dificultades de facelo en público”. A poesía de Callón, dalgún xeito intimista e, segundo el mesmo define, con parte confesional -“que non é o mesmo que biográfica”- indaga no eu. E sérvese sen complexos de conceptos psicanalíticos, ás veces trasladados ao verso sen apenas mediación. “A primeira vez que lin Jacques Lacan”, conta, “pensei que era un falabarato. Logo ves as prácticas clínicas e, vaia, mudas de opinión. Agora leo páxinas del que me producen a mesma sensación que un bo poema. Parece que falan de min”. Atravesar o fantasma, por caso, é Lacan.
Con preferencia pola composición breve, Callón deixa espazo ás incertezas do xénero. “Hai algo que impón a forma”, di. Non é doado identificar o que. En todo caso, Inscricións é síntese de tempos diferentes e diferentes proxectos de libro. “Preciso estar seguro para publicar poesía”, degraña, “talvez por iso fun un poeta que publicou de xeito relativamente serodio”. (…)”