Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Pontevedra: Xornadas Gálix. II Xornadas Desfacendo a raia
A escritora Emma Pedreira vence no Certame de Microrrelatos de Moaña
Desde Faro de Vigo:
“A escritora galega Emma Pedreira foi a gañadora do XV Certame de Microrrelatos que organiza a Lonxa Literaria de Moaña. Venceu co seu relato titulado Lelalela. (…)
A Lonxa Literaria lle entregará o premio característico deste certame, un lote de conservas da ría, no mes de xaneiro.
O texto gañador é o seguinte:
Lelalela
Non é que sexa rara, ten gustos definidos. Encántalle cantar, pero só en contacto coa auga. É como se fose serea, pero non quere ser romántica nin chorradas polo estilo e pénsase cabareteira, pero en plan ben, en plan Marlénditrich. Cando lava a louza canta baixiño, coas lubas plástico rosa, putyubleinonmi, bois. Só entende o dos bois e tira do bordo de goma, pupupidú. Deletréao co cu, como se tivese vinte e non case oitenta, iso non se di. Cando se ducha -nos días impares- fai algo de zarzuela. O resto dos días, que toca baño de asento, copla lixeira, delbarriodesantacrúereunhermozoclavé. Se hai pingueiras, que as hai, na súa bufarda velliña de pensionista, recolle gotas coa lingua e dáse a aquilo de miudiñomiudiño, e mesmo vai collendo unha lixeira borracheira; despois durme. Agora si, cando trona, cando o trebón de mediados de agosto ameaza con mandar unha chuvia case monzónica de tan mesta e pegañenta, Lilimarlén sae por rimeira e única vez da casa en todo o ano, coas botas militares herdadas de seu pai, morto dun disparo nas terras do Ebro, e cunha bata de guata que pagou en reais e oñeceu épocas de botóns e flores. Aí é cando canta até o dano, e remata chorando nas pozas, leliñaporqueneumorro, tola de amor, a vella tola. Hoxe tampouco virán por ela.“
Bases do 4º Premio Literario Nortear
Betanzos: presentación de Luns, de Eli Ríos
Compostela: XI Xornada de Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización
Máis información aquí.
A Coruña: presentación de Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, de Carlos Babío e Manuel Pérez
Compostela: presentación de Somos de Arxerís, de Xosé Carlos Carracedo Porto e Fuco Reyes
Compostela: presentación de A contradición permanente, de Martiño Noriega e Daniel Salgado
Polafía nas Pontes, o domingo 26 de novembro
A Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas, que terá lugar o 26 de novembro de 2017, a partir das 18:00 horas, no Salón de Exposicións do Mercado Vello (Avda. Ferrol, 13), é unha actividade coorganizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e a Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume, e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a Consellaría de Cultura e Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), e a colaboración do Concello das Pontes.
A entrada será libre para todas as persoas interesadas.
Contará coas intervencións de:
Ovidio García Pazos, Xosé López Soto, Antonio Lourenzo Cabarcos (Toñito de Ferpu), Maruja López Rivera (Maruja da Ibérica), José López Martínez (Pepe de Rosalía), Esperanza Piñeiro de San Miguel, Nieves Montero Corral, Juan Eladio Pico Romero (Eladio O Cego), Jesús Prieto (Suso do Aparral), Sara Ramil, Elisa Romero Ferreiro, Isidro Novo, Lois Pérez e… un mundo de xente.
Tamén haberá actuacións musicais.