Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Entrevista a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, nos Premios Xerais 2016
Actividades destacadas nos centros de ensino no Día de Rosalía 2016 (I)
Chegando
ao final do curso, divulgamos parte das actividades que tiveron lugar en diversos centros de ensino galegos no Día de Rosalía 2016, unha acción promovida pola AELG que cada ano ten unha relevancia crecente na comunidade educativa galega:
- CEIP A Carballeira, Lourizán (Pontevedra). Vídeo. Collage. Postal.
- CEIP A Ponte, Lugo. Blog.
- CEIP Alexandre Bóveda, Chapela (Redondela). Blog.
- CEIP Alfredo Brañas, A Laracha. Actividades.
- CEIP Plurilingüe de Andrade, Pontedeume. Actividades.
- CEIP Antonio Pedrosa Latas, Celeiro (Viveiro). Actividades.
- CEIP Celso Currás, Trabada. Blog.
- CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume. Actividades.
- CEIP da Ramallosa, Teo. Actividades.
Carlos López Bernárdez achégase á obra pictórica de Luís Seoane
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Un pintor que sabía o que facía, do vigués Carlos López Bernárdez, publicado pola editorial Laiovento, fai fincapé no cambio de rumbo que supuxo na pintura galega a obra de Luis Seoane. A entrevista pode verse aquí.”
Vilalba: charla-presentación de Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas
Carlos Negro gaña a XVI edición do Premio Fiz Vergara Vilariño, con Tundra
Entrevista a Xosé Monteagudo sobre Todo canto fomos
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Xosé Monteagudo fala de Todo canto fomos. A súa última novela percorre máis dun século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue a alentar o presente. O libro contén historias que dialogan entre si e desenvolve unha trama en que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. A entrevista pode verse aquí.”
Redondela: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 16
O
xoves 16 de xuño comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:30 h. Pregón a cargo da escritora María Xosé Queizán.
– 20:30 h. Charla-coloquio ao redor dos libros de María Xosé Queizán Son noxento, editado por Xerais, e A boneca de Blanco Amor, editado por Galaxia. Participa no acto, xunto á autora, Manuela Pena.
O venres 17, ás 19:00 horas, preséntanse as obras gañadoras do XXVI Certame de Relatos Curtos Os Viadutos.
A Asociación Galega de Editoras participa en Valencia no Encontro Galeusca
A
Asociación Galega de Editoras estará presente na vindeira edición do encontro bianual Galeusca que terá lugar na Aula Capitular do Centre del Carme, Valencia. Esta cita, que se celebrará o xoves e venres, días 16 e 17 de xuño, reunirá a editores vascos, cataláns, valenciáns e galegos entorno a cinco sesións de traballo nas que se abordarán distintos aspectos relacionados co mundo do libro e a lectura.
Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, será o encargado de afondar nos casos de acertos e fracaso na colaboración entre editoriais. Pola súa banda, Francisco Castro, da Editorial Galaxia, falará sobre promoción da lectura na segunda e derradeira xornada. Completará a representación galega no Galeusca Xosé Ballesteros, Presidente da AGE. Xuntos redactarán e aprobarán as conclusións dunhas xornadas nas que tamén se abordarán outros temas como o préstamo dixital bibliotecario ou as entidades de xestión de dereitos.

