“Mercedes Queixas percorre a historia da literatura galega”

Desde Mercedes Queixas 2o Zig-zag da Televisión de Galicia:
De pergamiños, follas voandeiras e libros ao.gal. Este é o título que Mercedes Queixas escolleu para o seu novo ensaio, que subtitula “Breve historia da literatura galega”. Esta obra tenta explicar o proceso literario en relación co tempo no que se produce e recoñecer as voces silenciadas por prexuízos históricos. A entrevista pode verse aquí.”

Pontevedra: coloquio sobre Lueiro Rey. Perfís humanos, literarios e políticos, o xoves 16 de xuño

Lueiro Rey 1O xoves 16 ás 19:30 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar a derradeira sesión dos actos programados e paralelos á exposición Lueiro Rey. Camiño aberto. Nesta ocasión, haberá un diálogo sobre os perfís humanos, literarios e políticos do autor de Non debían medrar grazas ás intervencións do profesor Luís Cochón, do artista plástico Antonio Chaves e mais da escritora Eli Ríos. As persoas organizadoras convidámosvos a asistir para pechar estes actos que celebran o centenario do nacemento de Lueiro Rey.

Vigo: presentación do libro colectivo Atlas arqueolóxico da paisaxe galega

O Atlas arqueolóxicoxoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27), en Vigo, terá lugar a presentación do libro Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, de Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas Domínguez (editores) e Anxo Rodríguez Paz (edición gráfica), publicado por Xerais. No acto, no que participarán Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Labarta, Felipe Criado e Manuel Bragado, proxectarase un vídeo sobre o libro.

Vídeo da I Gala do Libro Galego

O GalaDoLibroGalego201614 de maio de 2016 tivo lugar a I Gala do Libro Galego, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Aquí pode verse o vídeo desta actividade.