O
venres 22 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Compostela, preséntase o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo, publicado en Xerais. No mesmo acto, os autores, acompañados por Manuel Bragado, contarán o making of do proxecto e Sole Felloza contará unha das historias.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: X edición das Xornadas sobre Lingua e Usos da Universidade da Coruña
“Un
ano máis o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa décima edición.
– O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Teatro.
– Días: 27, 28 e 29 de novembro de 2013.
– Lugar: salón de graos da Facultade de Filoloxía.
– Prazo de inscrición ata o 22 de novembro. Pódese realizar aquí.
– Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da Universidade da Coruña que asista a esta actividade.
– Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ás conferencias programadas.
– Este é o programa das Xornadas.”
Gondomar: presentación de A memoria da choiva, de Pedro Feijoo
O
venres 22 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase a novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Fran Alonso.
Compostela: presentación de Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira
O
xoves 21 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola libraría, a editora e a A. C. O Galo, estará presente o autor.
Arteixo: contacontos de María Canosa sobre a súa obra O Crebanoces
Perillo, Oleiros: terceira xornada de Máscara fóra!. Homenaxe a Manuel Pardo de Andrade
O
xoves 21 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Cultural A Fábrica (Perillo-Oleiros), finalizan as Xornadas Máscara fóra! Homenaxe a Manuel Pardo de Andrade, no bicentenario da publicación de Rogos dun gallego, coas intervencións de:
– Henrique Monteagudo: A obra en galego de Manuel Pardo de Andrade.
– Rosario Álvarez Blanco: O idioma galego na obra de Manuel Pardo de Andrade.
– Xesús Alonso Montero: Da excelencia literaria dun romance de cego.
Presenta e modera a sesión Rosario Álvarez Blanco.
Vigo: presentación do proxecto Luzes

Compostela: presentación de Noite~Día, de Alfonso Láuzara
O
xoves 21 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Noite~Día, de Alfonso Láuzara, publicado pola Porta verde do sétimo andar. No acto, xunto ao autor, participa Rosa Enríquez.
A Coruña: coloquio-concerto con Miro Casabella
A AELG inicia o programa de actividades do Día de Rosalía de Castro
O
Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou convocar un ano máis á celebración do 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, recollido oficialmente pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
A AELG promoverá unha serie de actos organizados por concellos, asociación culturais e a propia AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro o vindeiro 24 de febreiro, no que se conmemora o nacemento da nosa autora.
Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, este ano convocaranse aos centros de ensino de toda Galiza para realizaren nos propios centros de ensino, ou en espazos públicos coa colaboración dos concellos, ademais de lecturas da obra rosaliana, actividades como murais, graffitis, debuxos de poemas, iconografía da nosa escritora…, para despois seren gravados ou fotografados e pendurados na web e redes sociais da AELG.
A AELG vén solicitando desde 2011 aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron nun número de 28, sumándose tamén a propia Deputación da Coruña. A AELG seguirá a llelo solicitar aos que non o fixeron aínda. Así mesmo pediralles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.
A AELG convocará a toda a cidadanía a participar desas actividades.

