Desde
o Diario da Universidade de Vigo:
“Berta Dávila e Gonzalo Hermo son apenas dous mozos pero os seus nomes agroman con forza no novo panorama literario galego e fano, nada máis e nada menos, ca no eido da poesía, convencidos de que “a responsabilidade do poeta é histórica co seu tempo”. Baixo o título Furia estratéxica para un tempo salvaxe? participaron este xoves na segunda xornada do VIII Ciclo de Escritora/es na Universidade na Facultade de Filoloxía e Tradución.
A incidencia da situación económica e política no modo en que se concibe o discurso poético non pasou desapercibida para ningún destes autores e tampouco ningún dos dous quixeron pasar por alto a relación entre precariedade e poesía. Conscientes de que apostar pola poesía é “abrir unha frecha cara a incerteza”, subliñou Dávila, os dous o fixeron, e fixérono ademais en lingua galega “pois un non pode expresar a verdade se non é na súa propia lingua”.
Gañador do primeiro premio de poesía do Certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia no 2010 por Crac, Gonzalo Hermo, que se referiu a si mesmo como un lector atento máis ca un poeta, fixo fincapé na súa intervención ao feito de que os “produtores non esquecemos nin queremos esquecer a cultura subalterna a que pertencemos”.
A visión de Hermo completouna a novelista e poeta Berta Dávila, gañadora dos certames Minerva de poesía (2005), Avelina Valladares (2007), Biblos de novela (2008), Johán Carballeira (2012) e Narrativa Breve de Repsol (2013), que afondou no papel do poeta, e sobre todo no do poeta en lingua galega, como un creador “valente e revolucionario”.
Unha xeración “perdida para que? perdida para quen?”
E como a cousa ía de poetas e de mozos, quen mellor para presentalos ca outro mozo poeta. Ben coñecido na Facultade de Filoloxía e Tradución, Xabier Xil Xardón, licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e gañador de numerosos certames poéticos, entre outros o da propia Universidade, foi o encargado de introducir os relatorios. Na súa intervención falou de literatura, pero tamén de precariadade… “Como non facelo se son membro do que chaman a xeración perdida”, sinalou, “perdida para que? perdida para quen? Para incorporarse ao sistema económico, para incorporarse ao mercado de traballo…” salientou Xil Xardón, que remarcou como “inevitable” que a creación das novas xeracións estea marcada pola imposibilidade e as frustracións creadas por unhas expectativas de vida que se viron truncadas. “Non somos unha xeración perdida, sabemos quen somos e sabemos onde estamos. Queremos ser outra cousa e ademais queremos selo de xeito colectivo”, recalcou o poeta.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Gondomar: presentación de Raíz da fenda, de Berta Dávila
O
xoves 10 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida (Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase Raíz da fenda, o novo poemario de Berta Dávila, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, que fará un agasallo a cada un dos asistentes, participan Marta Dacosta e Fran Alonso.
Santiago: presentación de Aquel neno, de Xosé Neira Vilas
Aveiro, Portugal: presentación de poemarios de Xavier Frías Conde
A
quinta feira 10 de outubro, ás 21:30 horas, no Espaço Biscoito (Rua Jorge Lancastre, 7) de Aveiro, preséntanse os poemarios Azul memória e El lápiz del fin del mundo, de Xavier Frías Conde, publicados por Lastura. Na presentación, xunto ao autor, participa a Grupo Poético de Aveiro.
Vigo: presentación do número 198 da revista Grial
O
xoves 10 de outubro, ás 19:30 horas, na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa), preséntase o número 198 da revista Grial. No acto participan Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Xosé Carlos Arias, coordinador do tema central da revista, centrada na crise económica, e Ramón Villares, autor dun dos ensaios publicados neste número.
Vigo: conferencia de Cremildo Bahule, Literatura Moçambicana
Compostela: obradoiro de creación literaria da A. C. O Galo
Tabela dos Libros de outubro, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a Tabela dos Libros do mes de outubro. Nela figuran seleccionados os volumes que, ao ver d@s crític@s participantes (Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo), son estimados como os máis recomendables de entre os publicados nas últimas semanas. Boas lecturas!”
Berta Dávila: “É emocionante ver un teu libro en xaponés”
Entrevista
a Berta Dávila en Letra en Obras:
“(…) – Letra en Obras (LeO): En 2010 Barbantesa publicaba un libro teu de relatos agrupados baixo o título A arte do fracaso. Agora acaba de saír a tradución ao xaponés. Como se leva iso de saber que vai haber xente léndote a 12.000 quilómetros de distancia?
– Berta Dávila (BD): É emocionante, desde logo. O libro será distribuído como e-book, aínda que se fixeron algúns exemplares en papel para cuestións de promoción. Así que potencialmente pode chegar a calquera falante de xaponés, estea onde estea, algo que resulta moi interesante porque permite que as linguas soborden fronteiras xeográficas.
– LeO: Como acabou o libro traducido ao xaponés e quen se encargou da tradución?
– BD: Foi unha proposta de Pulp Books que, desde Cangas do Morrazo, levan a literatura do país a todo o mundo. Eles editaron a tradución ao castelán e agora preparan outra para o eúscaro. Da versión xaponesa encargáronse Mona Imai e Megumi Shiozawa. Unha non pode ficar máis que agradecida por ter recibido unha proposta deste tipo. (…)
– LeO: A pesar de que es unha escritora ben nova xa sabes o que é ser traducida a dous idiomas diferentes ao galego (castelán e xaponés). É a internacionalización a chave mestra que precisa a nosa literatura?
– BD: Creo que escribindo en galego é posible chegar a todas partes, outro cantar é que interese nalgures algo que escriba eu, iso dubídoo. A verdade é que non teño a resposta sobre as chaves mestras que precisa a nosa literatura, pero o proxecto de Pulp Books paréceme moi interesante e coido que tamén importante. (…)”



