O
luns 23 de abril, a partir das 20:30 horas, na Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), celebrarase unha mesa redonda baixo o título de Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ferrol: presentación de Outono aquí, de Mario Regueira, na Feira do Libro
O
sábado 21 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), onde, a partir das 19:00 horas, Mario Regueira falará sobre a súa novela Outono aquí, publicada en Sotelo Blanco, gañadora do último premio Lueiro Rei. No acto estará acompañado por Verónica Martínez Delgado.
Pontevedra: xornada do sábado 21 no PontePoética 2
O
Ateneo de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan a segunda edición do Festival de Poesía PontePoética, que se celebra o venres 20 e o sábado 21 de abril no Teatro Principal de Pontevedra, baixo a dirección de Yolanda Castaño. Este é o programa do sábado 21 de abril (aquí pode descargarse completo: PontePoética 2 2012).
– 17:00 horas. Recital dos poetas Estíbaliz Espinosa, Veronika Dintinjana e Nuno Júdice.
– 18:30 horas. Recital final con todos os poetas participantes e clausura de PontePoética: María Eloy-García, Eduard Escoffet, Dores Tembrás, Xosé María Álvarez Cáccamo, Edorta Jiménez, Estevo Creus, Veronika Dintinjana, Estíbaliz Espinosa e Nuno Júdice.
A Coruña: recital de Lino Braxe e Veronika Dintinjana no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
23 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño, co recital poético de Lino Braxe e Veronika Dintinjana.
Ourense: charla-coloquio A Galiza e Portugal na Idade Moderna, por Francisco Carballo
O
sábado 21 de abril, a partir das 19:00 horas, no Café Cultural Auriense de Ourense, e dentro da Noite da Irmandade organizada por Galiza Nova, terá lugar unha charla-coloquio a cargo do historiador Francisco Carballo, baixo o título A Galiza e Portugal na Idade Moderna.
Ourense: Celsa Barja escenifica Cara a cara con Agripnia
O
sábado 21 de abril, a partir das 23:00 horas, no Espazo Xove de Ourense (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27), e dentro do maratón 24 horas con teatro, Celsa Barja escenificará o monólogo Cara a cara con Agripnia.
Coñécense os gañadores do Concurso Inspiraciencia
“Xa
se coñecen os gañadores nas distintas categorías do II Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia e no que, por vez primeira, tamén puideron participar relatos en galegos pois Editorial Galaxia se incorporou este ano á organización. Así pois, no que se refire á nosa lingua, o xurado decidiu conceder o primeiro premio da modalidade Relato corto, categoría Adulto, ao relato titulado Crecer, do autor Martín Pérez e mencionar como finalista ao relato Alea iacta est, de autor Pedro Antonio Labraña. O primeiro premio da modalidade Microrrelato, categoría Adulto, foi para o relato titulado Uchronia Labs, de Enrique Neira. Mencionouse como finalista ao relato Microscópico!, de autor André Ventas. Na modalidade de Relato corto, categoría Xuvenil, o relato titulado Carta de Nikola Tesla a Thomas Edison, de David Novo foi o gañador, e recibiu unha mención como finalista o relato Un día diferente, de Andrea González.” Vía Galaxia.
Coñécense os gañadores do VIII Premio de Narración Curta Happy Curtis
“Nada
máis nin nada menos que 76 traballos presentados nesta edición do certame de narrativa curta Happy Curtis que leva oito anos convocando o Concello de Curtis. Contamos cun xurado de luxo formado por Manuel Rico Verea, María Lado, Yolanda Castaño e María José Castelo Lestón (gañadora da pasada edición), que non o tiveron nada fácil á hora de escoller os traballos gañadores. Os premios son os seguintes:
– Categoría A (dos 12 ós 18 anos):
* 1º Premio: Ana Uhía Pérez, de Portonovo (O día máis feliz da miña vida).
* 2º Premio: compartido entre Marta Pita Vidal, de Teo (O día máis feliz) e Sara Martínez García, de Sanxenxo (Paso a paso).
– Categoría B (dos 19 anos en diante):
* 1º Premio: Daniel Landesa, de Vigo (Abercrombie).
* 2º Premio: Ana María Galego, de Ferrol (Tres mil setenta caracteres).
A entrega será o día 4 de Maio ás 21:00 horas no Edificio Multiusos de Curtis (Recinto Feiral, s/n). Alí poderemos escoitar os traballos gañadores, coñecer ó autor e ás autoras galardoadas, e escoitar as opinións do xurado. Teremos tamén o pracer de recibir a Yolanda Castaño e atender ás palabras que a poeta escribiu expresamente para a ocasión.”
Parlamento das Letras: Antón Riveiro Coello
Entrevista
de Armando Requeixo a Antón Riveiro Coello no blogue Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Antón Riveiro Coello (ARC): Empezo pola parte final. Xa sei que se adoita dicir que o noso país está cheo de poetas. Pois si. Está cheo, pero non envaidecerse diso sería como queixarse de que un bosque ten moitas árbores. Os problemas que teñen as nosas letras son ben sabidos. Un deles é a invisibilidade. Os nosos libros deberían ter moita máis presenza na prensa, na radio, na televisión, nas librarías, nos centros comerciais, nas bibliotecas… Hai como unha teima por unha parte da sociedade e da política en querer encovar a creación en galego, en ocultala. Se se producise esa visibilidade, co tempo aparecerían lector@s que consolidarían unha industria cultural moito máis poderosa, capaz de afrontar traducións, tanto de fóra para dentro coma de dentro para fóra. (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– ARC: Magnífica. Hai un nivel de altura. Á parte de fenómeno da poesía, sempre tan frutífero no noso país, ou da literatura infantoxuvenil, cunha ducia esplendorosa de autor@s traducid@s a outras linguas, nos últimos anos eu salientaría a consolidación dunha xeración de narradoras tan interesantes e diversas como Teresa Moure, Anxos Sumai, Rosa Aneiros, Inma López Silva, María Reimóndez, Eva Moreda, Rexina Vega, Iolanda Zúñiga e moitas outras que veñen asentar as bases dunha normalidade sociolóxica que xa se facía necesaria. Se cadra, o ensaio e o teatro deberían ter máis presenza na edición, pero tampouco teño datos nin a certeza de que este déficit estea moi por debaixo doutras literaturas.”
Pontevedra: xornada do venres 20 no PontePoética 2
O
Ateneo de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan a segunda edición do Festival de Poesía PontePoética, que se celebra o venres 20 e o sábado 21 de abril no Teatro Principal de Pontevedra, baixo a dirección de Yolanda Castaño. Este é o programa do venres 20 de abril (aquí pode descargarse completo: PontePoética 2 2012).
– 18:30 horas. Recital dos poetas Dores Tembrás, Edorta Jiménez e Xosé María Álvarez Cáccamo.
– 20:00 horas. Recital dos poetas Estevo Creus, María Eloy-García e Eduard Escoffet.