
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Roteiro Da cidade á aldea. Unha historia das cantareiras na Coruña, con Richi Casás, o 5 de outubro
O Roteiro Da cidade á aldea. Unha historia das cantareiras na Coruña, guiado por Richi Casás, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Un roteiro para ignorantes e iniciados sobre a transformación de mil aldeas nunha cidade, a través das vidas das cantareiras. Roteiro Agra-Ventorrillo-Penamoa-Visma a pé con catro paradas musicadas. Traede paraugas (aínda que non chova).
Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
Terá lugar o domingo 5 de outubro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a Praza das Conchiñas. Non é necesaria inscrición previa.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Muros: presentación de As palabras de Morfeo, de Ramón Beltrán, o 2 de outubro
A Coruña: Homenaxe e enterro do pintor Francisco Miguel
“O 29 de setembro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB), o grupo de investigación sobre Francisco Miguel e Syra Alonso e outras entidades da cidade, coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña, convocan a cidadanía á homenaxe ao artista Francisco Miguel, asasinado polas forzas golpistas en 1936.
Durante o acto, os seus restos, exhumados pola ARMH en 2023, serán entregados á súa familia chegada desde México.
Convídase a toda a cidadanía a participar na segunda parte do acto.
Punto de encontro: Na confluencia da rúa Orillamar coa rúa Rafael Baixeras.
Hora de encontro: 12:20 h.
Descrición: Nese punto agardarase a chegada do ataúde para iniciar un cortexo cívico a pé, acompañando os restos do artista ata o cemiterio de Santo Amaro.
Enterro: O soterramento terá lugar no cemiterio de Santo Amaro ás 12:30 h.
A participación neste acto de xustiza e reparación está aberta a toda a cidadanía.”

A Coruña: presentación de A Terra do Eo-Navia, de Manuel Miragaia
Bases do Premio Arume de Poesía para a Infancia 2025
Compostela: Chamamento á Manifestación Nacional pola Palestina, o 5 de outubro de 2025
Miguel Anxo Fernán Vello: “Syra Alonso e Francisco Miguel tiñan gran capacidade para empatizar e explorar formas artísticas”
Entrevista de Pilar G. Rego a Miguel Anxo Fernán-Vello no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“‘O vello agoniza e o novo canta tarda en chegar!’. Con esta frase ábrese Diarios, o libro que recolle os textos de Syra Alonso unha das máis importantes cronistas da represión franquista en Galicia.
Neste primeiro programa da temporada de Zigzag falaremos da figura de Syra Alonso e do seu marido, o pintor Francisco Miguel, que este mes son os homenaxeados en Coruña. Para falarnos deles convidamos a Miguel Anxo Fernán Vello, especialista na figura deste dous artistas esquecidos. A entrevista pode verse aquí.”











