O
sábado 12 de marzo, a partir das 21:00 h., no Café Uf “Negra Sombra” (rúa Pracer, 19) de Vigo, haberá un novo recital do Círculo Poético Aberto, promovido polo Grupo de Acción Poética Penúltimo Acto. A convocatoria está aberta a todo o público que queira participar. Para inscribirse pódense dirixir a este correo electrónico: penultimoacto@gmail.com.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Santiago: actividades do ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 12 de marzo, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terá lugar esta actividade: Martín Códax, o son das ondas, co seguinte programa:
12:00 | Relatorio: Giuseppe Tavani. Catedrático xubilado de Filoloxía Románica na Universidade La Sapienza de Roma. Especialista en lírica trobadoresca medieval, é o principal estudioso dos cancioneiros galego-portugueses. Recibiu entre outras distincións o Pedrón de Ouro e a Medalla Castelao, así como o doutorado honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
13:00 | Grupo de Música Antiga Martín Códax (30 minutos). O nome do grupo rende homenaxe ao noso autor protagonista, sendo as súas sete cantigas parte do repertorio interpretado polo grupo.
Presenta: Henrique Monteagudo. Profesor de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.
Santiago: presentación do monográfico sobre poesía galega contemporánea da Poetry Review
A Coruña: presentación de De Castro, de Alberte Momán e Alba Méndez
O
venres 11 de marzo, ás 21:00 h., no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9, baixo) da Coruña, preséntase o libro De Castro, de Alberte Momán e Alba Méndez, promovido por A Porta Verde do Sétimo Andar.
A Coruña: Homenaxe a Manuel Espiña Gamallo
O venres 11 de marzo, a partir das 20:00 h., na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.) da Coruña, terá lugar unha Homenaxe a Manuel Espiña Gamallo, na que intervirán: Celia Castro, Luz Pozo, Felipe Senén, Francisco Pillado, Manuel Rivas e Victorino Pérez Prieto, xunto ás actuacións musicais de Mini e Mero e Coral Polifónica Follas Novas. Está organizada pola Comunidade Home Novo.
Novas publicacións de Lois Pereiro
A Editorial Galaxia publica Náufragos do paraíso e unha Antoloxía poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Vigo: presentación de Fundación Libélula, de Yashmina Shawki
O
venres 11 de marzo a partir das 19:45 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de María Xosé Queizán, Manuel Bragado e a propia autora.
Araceli Freire gañadora do premio de Ensaio Xohana Torres con O monte é noso
Francisco Pillado: “Bótanme do Premio Repsol por negar o saúdo a Anxo Lorenzo”
Gañadores do Premio Adiala 2010
“Reunido
o xurado do Premio Adiala 2010 de relato curto, do Centro Galego de Mallorca, o pasado 17 de decembro de 2010 e composto por D. Perfecto E. Cuadrado Fernández, Dna. Mª del Carmen González Moreno e D. Carlos Ramos Aguirre, decidiu por unanimidade conceder o PRIMEIRO PREMIO a Chelo Suárez Muíños polo seu relato Monólogo dun cadáver. Asimesmo, conforme ás bases do certame, o xurado decidiu conceder un ACCÉSIT a Darío Portela Núñez polo seu relato A partida. Ademais o xurado salientou a boa calidade dos orixinais presentados nesta edición, sinaladamente a dos relatos A garda de Diana Varela Puñal e Agre de Clara do Roxo, que tamén serán publicados na Revista Adiala”.
