(Xerais, Cadernos da Crítica -blog do autor-)
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Pontevedra: 12ª edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
A
12ª edición do Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas o domingo 6 de febreiro baixo o título É mentira, con múltiples actividades: obradoiros, teatro, maxia, conferencias, contacontos, circo…, etc., e que terán lugar até o sábado 19 de marzo. Adxuntamos o programa completo: Programa Salon do Libro Infantil e Xuvenil febreiro 2011.
Vigo: conferencia de Emilio Sdun sobre Experiencias dun editor de arte
O mércores 2 de febreiro, a partir das 19:00 h., no Verbum Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17) de Vigo, e con entrada gratuíta ata completar aforo, terá lugar a conferencia de Emilio Sdun sobre Experiencias dun editor de arte, onde contará a súa experiencia como editor de arte desde 1984, coñecendo máis en profundidade o proceso de creación de libros singulares e edicións de luxo.
Claudio Rodríguez Fer: “Hai xa odio dabondo”
A Coruña: presentación-happening da Fotobiografía sonora de Lois Pereiro, con música e poesía
Santiago: coloquio arredor de As rulas de Bakunin, con Antón Riveiro Coello
O
mércores 2 de febreiro, a partir das 19:30 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, Antón Riveiro Coello, dentro das actividades do club de lectura Compostela conversará cos lectores arredor da súa novela As rulas de Bakunin, publicada en Galaxia.
Aberto o prazo para a presentación de comunicacións para o Congreso Mil e un Cunqueiros
O
prazo remata o 31 de marzo do 2011. Toda a información neste enlace.
Ana Romaní: “Escribo contra min”
Entrevista
a Ana Romaní en Galicia Hoxe:
“A pesar da dureza coa que está concibido -e desenvolvido- Estremas, o final do libro deixa unha fiestra aberta, un lugar de encontro coa utopía e a esperanza. Ana Romaní fala de “reconciliación”: reconciliación co movemento e coa acción. Suspender o tempo e, sobre todo, “suspender o río que nos leva e que non nos dá para pensar”: Paralizar as augas, “e os seus confinamentos”. ¿E se o lograse? É dicir: ¡e se lográsemos paralizar as “tramas do sistema”?
Fronte a esta pregunta, a resposta da poeta é “¿por que non vai ser posible?” e a resposta, recoñece, “pode ser a consecuencia desta idade á que chegamos: pode ser unha nova estación”.
No da idade, Ana Romaní é clara: “o momento é moi duro e a nós cóllenos exhaustos: espero unha renovación na que nós nos seremos xa os protagonistas, pero todos temos un pouco de responsabilidade de non deixar sós aos que veñan detrás”.
A sensación política, subliña, “é de desvalimento, de estar á intemperie, pero de aí necesariamente teñen que saír novas formas de organización: non cuestionamos as causas para acabar reproducindo unha causa igual”.
