O
domingo 14 de novembro, a partir das 19:00 h., na Casa das Crechas (Vía Sacra, nº 3) de Santiago, desenvólvense os Círculos Poéticos Abertos na defensa da lingua. Todas as persoas que queiran colaborar neste acto, xa se poden anotar a través do correo electrónico: penultimoacto@gmail.com. Ademais de Penúltimo Acto (Enrique Leirachá, rosanegra, Cruz Martínez) e Wladimir Dragossán. Xa confirmaron asistencia a este acto: Pere Tobaruela, Iolanda Aldrei, Concha Rousia, Dara Escribano, Simón Cabo, Belém Grandal, Telmo Rodríguez…
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
O Temple, Cambre: Vermú literario en torno a Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz
O
sábado 13 de novembro, a partir das 13:30 h., na Librería A Libreira (Rúa Luís Seoane 2, O Temple, Cambre) terá lugar Vermú Literario arredor do do libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, publicado en Xerais. Durante o acto haberá un encontro co autor para celebrar a saída da segunda edición do libro. Máis información aquí.
Santiago: presentación de Sétimo andar, poesía alén
O sábado
13 de novembro, ás 12:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase o segundo libro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, no que participan María N. Soutelo, Ramiro Vidal Alvarinho, Alfonso Láuzara, Rosa Enríquez, Alba Méndez, Manolo Pipas, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Ana Cibeira.
Vixoi (Bergondo): Magosto literario Xohán Vicente Viqueira
Vigo: presentación do libro Penúltimo acto
O
sábado 13 de novembro, a partir das 22:30 h., no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, preséntase o libro Penúltimo acto. No acto participará Antonio Alonso Fontán (poeta de Meder).
A Academia porá o dicionario na web seis meses logo de editalo en papel
(Xornal)
Instituto Camões e Consello da Cultura Galega asinaron o primeiro protocolo-marco para realizar actividades conxuntas e intercambios culturais
O
Consello da Cultura Galega e o Instituto Camões asinaron en Compostela un pioneiro protocolo-marco de colaboración para fomentar a realización de actividades conxuntas e o intercambio de experiencias culturais. Os titulares das dúas institucións, Ramón Villares e Ana Paula Laborinho, respectivamente, subliñaron a importancia dunha iniciativa “que abre camiño para outros obxectivos” (Laborinho) e “que nos ofrece unha antena para a difusión da cultura galega” (Villares). Previo á sinatura tivo lugar un coloquio coa Presidenta do Instituto Camões e representantes do mundo cultural, educativo e universitario de Galicia, no que tamén estivo presente o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Consello da Cultura Galega e Instituto Camões consideran que “para se promover o coñecemento e difusión da cultura galega no exterior e da cultura de expresión portuguesa en Galicia é de fundamental importancia que se establezan relacións de intercambio entre ambas as entidades”. Con esa finalidade trátase de “realizar actividades e proxectos de forma conxunta en todas as áreas que resulten de interese mútuo, especialmente o intercambio de publicacións, a organización de conferencias, seminarios e cursos, a realización de exposicións ou de outros programas que poidan interesar a ambas as partes ou a cadansúa institución”. Ramón Villares e Ana Paula Laborinho expresaron a súa satisfacción pola sinatura deste protocolo-marco e a vontade de facer camiño, logo deste primeiro paso imprescindible para acometer outras iniciativas conxuntas nos vindeiros anos. O Presidente do CCG salientou mais unha vez a especial dimensión que para Galicia supón a presenza activa na comunidade de países de lingua portuguesa. A Presidenta do Instituto Camões falou, pola súa parte, da importancia de contar con Galicia e con España como parceiros privilexiados no espazo europeo e iberoamericano.
Antes da sinatura do protocolo, a Biblioteca do Consello da Cultura Galega acolleu un coloquio de Ana Paula Laborinho con 35 representantes do mundo cultural, educativo, universitario e da empresa de Galicia. No curso do encontro a Presidenta do Instituto Camões falou sobre Presenza da lingua portuguesa no ensino en Galicia e presenza da cultura galega na rede de centros do Instituto Camões. Na sesión interviu tamén Felipe Domínguez Presa, profesor da Universidade de Vigo, co relatorio Situación actual do ensino da lingua portuguesa na educación secundaria en Galicia. No debate, moderado polo profesor Henrique Monteagudo, tiveron ocasión de participar os profesores Dante Luchesi (Brasil), Fernando Venâncio (Portugal), Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Rodríguez, Enrique Sáez, Ângelo Cristovão Angueira (secretario da Academia Galega da Lingua Portuguesa), Camilo Nogueira e Luís González Tosar. Uns e outros puxeron de manifesto a necesidade do coñecemento e o recoñecemento, do diálogo e a cooperación Galicia-Portugal para actuar máis eficazmente no horizonte da diversidade.
Vía Consello da Cultura Galega.
Concurso de relatos breves Minicontos De luns a venres outono
O Centro Pen Clube de Galicia e o xornal gratuíto diario De Luns a Venres convocan o concurso de relatos breves Minicontos De luns a venres outono. As bases contemplan que o prazo para a presentación dos traballos será ata o 15 de decembro. A decisión do xurado coñecerase o día 20 dese mesmo mes. Os traballos deberán ser inéditos na súa totalidade, escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente, e de libre temática, ainda que a extensión de cada relato non poderá exceder dos 1.200 caracteres (sen contar os espazos). O obxectivo deste concurso literario, aberto a escritores noveis e consagrados, non é outro que avanzar nunha tarefa común: ampliar horizontes para a lingua e a cultura de Galicia. Este certame de minicontos en galego nace coa pretensión de ser convocado anualmente en outono (como é o caso) e na primavera (destinado a un público diferente e con algunha particularidade da que se dará conta no seu momento). As bases completas pódense consultar na páxina 13 deste enlace ou aquí:
Marilar Aleixandre: “O Castelo de Vimianzo contaxia o virus da poesía”
(La Voz de Galicia, a través de Xerais)
Iolanda Zúñiga: “Non hai bos nin malos”
Entrevista a Iolanda Zúñiga en Galicia Hoxe.

