

O 24 de setembro tivo lugar un Recital poético e musical dedicado a Elisa Lucinda dentro do Festival de arte e cultura brasileira Bonito Pra Chover 2026. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) colabora, co apoio de CEDRO, no recital poético-musical en homenaxe á escritora, poeta e actriz Elisa Lucinda, na Casa do Taberneiro (Rúa San Pedro, 15), en Santiago de Compostela, con entrada libre até completar capacidade.
O programa foi o seguinte:
Saúda ás persoas presentes de Jakson Renner Rodrigues Soares e Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Recital poético:
Andrea Nunes Brións
Cesáreo Sánchez Iglesias
Daniel Asorey
Elisa Lucinda
Jakson Renner Rodrigues Soares
Luiza Fernandes
– Música ao vivo con:
Leka Denz
Sérgio Tannus
Aquí pode verse a crónica videográfica da actividade:
A edición de 2026 do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil vai ter lugar baixo o título xeral de Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño González, Carla Míguez, María González Cerdeira e María Vázquez Fernández (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os días 15, 22 e 29 de outubro de 2026, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
A inscrición é de balde e pode facerse aquí.
Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.
O programa é o seguinte:
15 de outubro
Xosé Miranda
O fantástico e o arrepiante
22 de outubro
Ramón D. Veiga
O sorriso detrás do medo: monstros que fan cóxegas
29 de outubro
Fina Casalderrey
A xoaniña que bebeu na folla
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Onde baten as ondas do meu corazón, con Ana Ramil, celebrado o pasado 4 de outubro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

