Arquivo da categoría: Audiovisual
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XVIII)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES San Paio de Tui do seguinte xeito:
“Lectura continuada de poemas, intervención artística perfilando o rostro de Rosalía a partir da escritura dos seus versos e ambientación músico-poética a partir dunha pequena lista de reprodución de vídeos. Todas estas accións desenvolvéronse na entrada principal do centro e contaron coa participación e asistencia de numerosos membros da comunidade educativa.”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XVII)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES de Poio do seguinte xeito:
“Habilitaron un mural no centro para que o alumnado deixe os seus versos. O luns 24 de febreiro leron os versos da AELG a xeito de manifesto.”
No CEIP Carlos Casares de Nigrán fíxose un mural nunha parede do patio cuberto. Prepararon tamén unha das súas poesías, á que lle puxeron música. Neste vídeo, está o resultado do traballo:
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XIV)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Alfredo Brañas de Carballo, do seguinte xeito:
“O luns 24 de febreiro, o Equipo de Dinamización Lingüística organiza un acto en conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro. Consistiu nun recitado de poemas de Rosalía por alumnos (en varios idiomas), pais, profesores e persoal de administración; haberá tamén a proxección dun documental, música e canto. Preme aquí para ver o programa completo.”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XII)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Salvador de Madariaga da Coruña deste xeito:
O xornalista Camilo Franco fala do seu proxecto Queres ser arte contemporánea?
A Coruña: recital de Antía Otero e Sergej Timofejev no Ciclo Poetas Di(n)versos
O luns
17 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Antía Otero e o poeta en lingua rusa Sergej Timofejev. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2014.