O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Alfredo Brañas de Carballo, do seguinte xeito:
“O luns 24 de febreiro, o Equipo de Dinamización Lingüística organiza un acto en conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro. Consistiu nun recitado de poemas de Rosalía por alumnos (en varios idiomas), pais, profesores e persoal de administración; haberá tamén a proxección dun documental, música e canto. Preme aquí para ver o programa completo.”
Arquivo da categoría: Audiovisual
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XII)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Salvador de Madariaga da Coruña deste xeito:
O xornalista Camilo Franco fala do seu proxecto Queres ser arte contemporánea?
A Coruña: recital de Antía Otero e Sergej Timofejev no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
17 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Antía Otero e o poeta en lingua rusa Sergej Timofejev. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2014.
O pintor e poeta Baldo Ramos fala da exposición Onde beben os cervos que amansou o calígrafo
Entrevista a María Xosé Queizán
Deusto: proxección e coloquio sobre O instante eterno, de Xosé Antón Cascudo
ZigZag Diario: a escritora María Xosé Queizán afonda no personaxe da Bela Otero na obra O solpor da cupletista
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (VI)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no CEIP de Andrade, Pontedeume do seguinte xeito:
“O luns 24 de febreiro, celebraremos o día de Rosalía.
Este ano o poema elixido é Alborada, inspirámonos no libro-disco Rosalía Pequeniña, na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane.
Todo o alumnado, dende Infantil ata o 3º ciclo de primaria, participamos na elaboración dun macro mural que debido ás inclemencias do tempo non puido ser graffitiRosalía, pero iluminará igualmente os muros do colexio. Tamén cantaremos e recitaremos para que a voz de Rosalía nos invada. Ao fondo, o mural, resultado do traballo colaborativo de todo o alumnado do Centro.
Aquí tedes o vídeo da actuación:”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (V)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no CPR Cardenal Cisneros de Ourense do seguinte xeito, con alumnado de tres continentes, dezaseis nacionalidades distintas e nove linguas nai fusionados de xeito sorprendente no galego:
1.- Actuación o día 24 ás 10:15 h no centro:
– Educación Infantil: Interpretación dunha canción con letra adaptada pola súa profesora.
– Primaria: Un grupo de alumnos interpretará un rap coa letra feita por eles mesmos na honra de Rosalía. Outros recitarán poemas.
– ESO: Un grupo de alumnos cantarán ao son da coñecida canción de Abba, Mamma mía, unha letra composta por eles e os seus compañeiros.
2.- Todos levarán no seu peito unha camelia feita por cada un deles na que vai a “esencia de Rosalía” concentrada dentro da flor expresada cun poema da escitora. Deste xeito despois do acto levaron un anaquiño da homenaxeada ás súas casas, agasallando a flor.
3.- Unha colección de filatelia temática sobre Rosalía está exposta no centro.
4.- Para atender á convocatoria do graffiti, ao non ter paredes dispoñibles, varios grupos de alumnos crearon deseños nas fiestras dunha das aulas do centro para facer a Rosalía visible dende a rúa.
Como engadido, o grupo de Secundaria participou ás 20:00 h. no acto na súa honra promovido en Ourense polo grupo RosalAuria no Liceo de Ourense.

