Arquivo da categoría: Audiovisual
Propostas de actividades arredor da figura de Barriga Verde, pola Asociación Cultural Morreu o Demo
A
Asociación Cultural Morreu o Demo presenta a súa oferta de actividades para recuperar a memoria de Barriga Verde. Charlas, proxeccións, obradoiros e unha exposición están dispoñibles para centros de ensino, bibliotecas e todo tipo de espazos culturais.
O catálogo pódese consultar nesta ligazón, ou descargarse aquí: Catálogo Barriga Verde 2013_14.
Xabier López López: “A vida é unha suma de relatos na que somos personaxes principais, aínda que somos secundarios na doutras persoas”
Vídeo poema de Iolanda Gomis entre os 12 seleccionados na Mostra Londrix 2013 Vídeo-Poema
Filha das acácias, de Iolanda Gomis, é un novo vídeo poema galego seleccionado na Mostra Londrix 2013 Vídeo-Poema na cidade de Londrina, no Paraná, Brasil.
Un Vídeo poema que desexa ser un canto á comunicación entre Galiza e Brasil como espazos próximos na lingua e na cultura. Un canto á comunicación entre pobos desde unha perspectiva inmersa na identidade galega voltada para a súa universalización.
O grupo que creou o vídeo poema conta con participantes de Brasil e Arxentina.
Esta é a ligazón para entrar na votación. Para votar desde a Galiza é necesario marcar a opción Não sou brasileiro.
Manuel Álvarez Torneiro presenta en Betanzos o poemario co que gañou o Premio Nacional de Poesía
As meigas de Lupa, de María Solar: banda sonora orixinal dunha novela
Entrevistas e reportaxes destacadas do Diario Cultural da Radio Galega, do 14 ao 18 de outubro
Deixamos
aquí as ligazóns ás máis destacadas entrevistas e reportaxes da semana do 14 ao 18 de outubro no Diario Cultural da Radio Galega relacionadas coa literatura. Agradecemos a Ana Romaní a información:
– Obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador.
– Publícase o primeiro tomo da Historia da literatura galega.
– Crítica literaria de Chus Nogueira / Ningún precipicio, de Olalla Cociña.
– Páxina de narrativa desta semana: O corazón da Branca de neve, de Francisco Castro.
– María Reimóndez presenta tres novos poemarios.
– Páxina de poesía desta semana: A guerra, de María do Cebreiro e Daniel Salgado.
– De Cantares hoxe. Susana Sánchez Arins.
– De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI.
Carballo: inauguración da exposición do III Enarborar o bosque, con poesía, música e proxección audiovisual
O Carballiño: proxección do documental A fazaña da liberdade, sobre Alexandre Bóveda
Compostela: conferencias no ciclo Escrita(s) 2013, o venres 18 de outubro
O
ciclo Escrita(s) 2013, coordinado por Claudio Pato, finaliza este ciclo de 2013 en Almáciga(s), na Travesa dos Basquiños, 14, de Santiago de Compostela. Dentro do programa (que pode ser descargado aquí: Escritas-2013), destacamos estes actos para o venres 18 de outubro:
– 18:00 h. Frankenstein: a construción da clase traballadora, por Álvaro Otero. O devir mercadoría de creacións estéticas revela unha forma de dominación realizada baixo o paradigma da industria cultural, cuxa finalidade é a apropiación mercantil completa do individuo: a domesticación do seu desexo e a produción en masa de desexos imposibles de satisfacer, a reorientación da súa atención, a redefinición do seu corpo, a percepción de si mesmo e da realidade, a remodelación da súa linguaxe, a reestruturación da súa sensibilidade e da súa valoración.
– 20:30 h. Xtreaming, por A. Argibai e M. Otxoteko. Sesión audiovisual que inclúe 3 curtametraxes experimentais de A. Argibai e M. Otxoteko nas que se interpretan os marcos de guerra como marcos de creación audiovisual cooperativa.

