Arquivo da categoría: Audiovisual
Vídeo da presentación en Vigo de As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias
A Coruña: presentación do documental Emma Pedreira: o des-en-freo
Vídeo da presentación en Vigo de Sándalo, de María Xosé Porteiro
Vídeo do descubrimento da placa de homenaxe a Xabier P. DoCampo, o 29 de maio
Arteixo: proxección do documental Un raio chamado Catuxa, de Xabier Maceiras e Fran Naveira
Un mago en Noiteboa, narrado por Xabier P. DoCampo
Vídeo da mostra final do Laboratorio de Dramaturxia Posdramática II. Do corpo á palabra (maio de 2019)
O Laboratorio de Dramaturxia Posdramática II. Do corpo á palabra, impartido por Afonso Becerra de Becerreá, foi unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago.
A mostra final tivo lugar o 11 de maio no Centro Sociocultural Santa Marta de Santiago. Aquí pode verse o vídeo, que contou coa participación de Carlos Labraña, Teresa Moure; José Breijo Vidal, Iria Fernández Sobrado, Jorge García Marín, Kirenia Celia Martínez Acosta, Yelena Molina, Ana Rosa Pavón Grande, Deusa Pérez Goicoechea e Paula Sanmartín Juncal:
Xabier P. DoCampo na súa voz
Crónica videográfica da Gala do Libro Galego (VII)
A
Gala do Libro Galego 2019, actividade conxunta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 11 de maio de 2019, en Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Premio Honorífico á Editora: María Xosé Queizán (recollen Marga do Val e Manuel Bragado).
– Premio Honorífico á Libraría: Antonio Fernández Maira.

