Arquivo da categoría: Biografías
A Coruña: presentación de Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
O 29 de setembro, ás 19:30 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o libro Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976 [entre Ramón Otero Pedrayo e Sebastián Martínez-Risco], editado po Xosé Ramón Freixeiro Mato, e publicado por Galaxia.
As persoas interesadas deben inscribirse previamente enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com
Allariz: presentación de Teoría do nacionalismo galego e Leria, de Vicente Risco, e a biografía do autor de Carlos Casares
A Coruña: Xosé Manuel Sánchez Rei presenta Xosé Seivane. A gaita con maiúscula
Marín: presentación de Todas mortas e (quase) esquecidas
Vídeo da presentación de XelArias. Palabra á intemperie
Compostela: SELIC 2021. Festival da Lectura
Tardes de Libros en Cambados, do 7 ao 9 de setembro
Compostela: presentación de Todas mortas e (quase) esquecidas
Viveiro: actividades destacadas na Feira do Libro 2021 para o 16 de agosto
O 16 de agosto finaliza a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:30 horas, e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Xavier Queipo asina exemplares de Corazón de manteiga, publicado por Galaxia, e O paso do noroeste, publicado por Aira.
– 20:00 h. Yolanda Castaño presenta e lerá fragmentos de Xela quixo ser ela, publicado por Xerais.










