Compostela: palestra “Daniel Castelao/Virxinia Pereira”, con Montse Fajardo e Xoán Carlos Garrido Couceiro, o 14 de abril


“Por mor da situación sanitaria do momento, as prazas son limitadas polo que se prega que enviedes a solicitude de inscrición ao correo electrónico comunicacion@ogalo.gal antes das 24:00 horas do luns 12 de abril de 2021, sendo total e absolutamente imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento: nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.”

Montse Fajardo, biógrafa da muller de Castelao: “Non sei se Virxinia Pereira tivo unha vida feliz, pero o que é seguro é que non se rendeu xamais”

Entrevista a Montse Fajardo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Todo apuntaba a que ía ter unha vida cómoda como muller dun médico… pero a vida é incerta, e Virxinia Pereira foi testemuña de excepción de moitos dos acontecementos históricos do século XIX, primeiro na compaña de Castelao e logo soa, loitando por preservar o seu legado. A entrevista pode verse aquí.”

A Coruña: presentación de A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo, o 5 de outubro

O 5 de setembro, ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16, 1º), preséntase o libro A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo, editado polo Concello de Pontevedra. No acto participará a propia autora. Debido ás limitacións de capacidade, as persoas interesadas deberán inscribirse enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com.

Pontevedra: presentación de A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo

O 17 de setembro, ás 11:30 horas, na Sala de Prensa do Concello de Pontevedra, preséntase en rolda de prensa o libro A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo, editado polo Concello de Pontevedra. No acto participa, xunto á autora, Xaquín Moreda.

A Estrada: acto de homenaxe no 50º cabodano de Virxinia Pereira

“Con motivo do 50 cabodano de Virxinia Pereira, a Asociación Cultural “Vagalumes” vai lembrar esta muller estradense que pagou co exilio e o espolio dos seus bens o seu compromiso coa causa do nacionalismo galego e a defensa da democracia. Como compañeira de Castelao percorreu o mundo desde Moscova até Nova York, de Cuba a Arxentina, na guerra e no desterro, leal aos ideais da defensa do dereitos de Galiza e das liberdades.
Por todo isto, o luns 23, data do aniversario da súa defunción, temos previsto facer unha homenaxe diante da súa tumba no cemiterio da Estrada ás 17:00 h. e, posteriormente, ás 20:30 h., na sala de exposicións do MOME, un acto de lembranza para dar a coñecer a vida e pensamento desta muller. O acto consistirá nunha intervención escénica baseada nunha entrevista a Virxinia que rescatamos do xornal El Progreso de Lugo do ano 1968. Tamén intervirá no acto a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña, que vén de publicar un traballo de análise da correspondencia de Virxinia; e Xoán Carlos Garrido, quen falará sobre a relación de Virxinia co noso Concello.”

Quiosco: Grial 202

DesdeGrial 202 Cultura Galega:
“Xa está nos quioscos a nova entrega de Grial, correspondente ao número 202. O setenta aniversario da edición do Sempre en Galiza de Castelao centran boa parte dos contidos do volume, cun monográfico coordinado por Henrique Monteagudo e que inclúe, canda ao seu, nomes como Lourenzo Fernández Prieto, Álex Alonso Nogueira, Craig Patterson e César Domínguez. Ademais, o monográfico inclúe tres cartas de Castelao e unha de Virxinia Pereira. Un debate sobre diversidade lingüística na lusofonía, artigos sobre a situación de Cataluña, a renuncia do papa Bieito XVI ou as habituais seccións de crítica literaria e axenda completan os contidos do número.”