Arquivo da categoría: Coloquios
Compostela: coloquio arredor de O marxismo hoxe e a cuestión nacional
Vilagarcía de Arousa: presentación e conversa de Andrea Fernández Maneiro e Manuel Dopico Orjales arredor de Voto de silencio
Vigo: presentación de Economía e Poesía. Rimas internas, de Yolanda Castaño
A Coruña: calendario de actividades de Memoria emocional
Arzúa: Culturgal expandido 2024
Gondomar: “O Campo das Laudas de Cerdedo. A memoria recuperada”, con Calros Solla
Vigo: presentación de Tras do Ceo, de Manuel Rivas
Vigo: Os oficios do libro. Rexina Vega
A Coruña: VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, o 15 de outubro

Chegan as VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, organizadas pola Universidade da Coruña, coas que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
A actividade terá lugar o 15 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente, da Facultade.
O obradoiro-coloquio contará coa presenza de:
– Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que falarán sobre Cantareiras.
– Bea Campos, arredor de Orella pendella: obradoiro para xogar cos ditos de sempre.








