A
terza feira 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Xosé C. López Bernárdez, pronunciará a palestra Lorenzo Varela – Centenário, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom da A. C. O Facho.
Arquivo da categoría: Conferencias
Lugo: Xesús Corredoyra e a súa obra, conferencia de Carlos L. Bernárdez
O
venres 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8), terá lugar unha conferencia de Carlos L. Bernárdez, baixo o título Xesús Corredoyra e a súa obra, nun acto organizado por LugoPatrimonio.
Presentacións de Crónica córnica, de Francisco Coimbra
O
escritor Francisco Coimbra, finalista do Premio Xerais de Novela 2016 coa novela Crónica córnica, visita Galicia na semana do 23 ao 27 de xaneiro de 2017. Polo de agora, esta é a axenda de actos:
– Luns 23, ás 20:00 horas: Presentación da novela na Libraría Couceiro de Santiago (Praza de Cervantes, 6). Con Fran Alonso.
· Martes 24, ás 13:00 horas: Conferencia Estudos Galegos no Brasil no Instituto da Lingua Galega de Santiago (Praza da Universidade, 4).
– Mércores 25, pola mañá: Presentación da novela no IES A Sangriña de A Guarda.
– Xoves 26, ás 12:00 horas: presentación da novela no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Campus universitario As Lagoas, Marcosende). No acto, organizado en colaboración co Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, participan, xunto ao autor, Anxo Angueira, Xosé Henrique Costas, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Pontevedra: relatorio arredor de 1936. O Estatuto esquecido
O xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, terá lugar un relatorio arredor do libro 1936. O Estatuto esquecido, coordinado por Xosé Fortes Bouzán (historiador), e editado por Guiverny. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao coordinador, Miguel Anxo Fernández Lores e Belén Fortes.
Compostela: As Irmandades da Fala. 100 anos despois
Lugo: Xornada “O valor do Pedregal de Irimia”
O xoves 22 de decembro, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), ADEGA organiza a “O valor do Pedregal de Irimia, iniciativas para a súa conservación“.
ADEGA promove estas xornadas dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”. Trátase dunha xornada consistente nunha mesa coloquio na que se afondará na importancia da protección do Pedregal de Irimia, polo seu alto valor patrimonial tanto material como inmaterial, a súa relevancia paisaxística, turística e natural.
As diferentes intervencións irán encamiñadas a por en valor este enclave natural, berce do máis relevante dos ríos da nosa xeografía, analizando os riscos e ameazas que sobrevoan sobre o mesmo.
Así mesmo presentaremos durante o transcurso da xornada o Manifesto pola declaración do Pedregal de Irimia como Monumento Natural.
A través desta xornada e coa participación de multitude de asociacións implicadas na defensa e posta en valor do Pedregal de Irimia, queremos buscar e propor novas vías para a súa protección e fomentar un debate constructivo e un intercambio de ideas na busca de fórmulas que permitan a persistencia deste importante espazo.
Relatores:
– “Iniciativas para a conservación e protección do Pedregal” por Adela Figueroa Panisse; Bióloga e membro de ADEGA.
– “O patrimonio inmaterial do Pedregal” por Antonio Reigosa; Escritor e investigador da mitoloxía popular.
– “O Pedregal e a súa xeografía” por Francisco Javier López; Profesor da USC, Enxeñeiro agrónomo e Licenciado en Xeografía.
A xornada estará amenizada por Lois Pérez que a través da súa actuación “De pedras, augas e contos” aportará un punto de vista lúdico e humorístico a situación.
Esta Xornada conta co apoio e patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.”






