Arquivo da categoría: Premios narrativa: convocatorias
Bases da XX Edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole 2018
“A
Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo convoca a XX Edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que se rexerá polas seguintes
BASES
1ª. Poderá concorrer calquera autora ou autor, de calquera nacionalidade, que presente unha obra escrita en lingua galega conforme á normativa oficial, establecida pola Real Academia Galega. As obras presentadas deben ser orixinais e inéditas, entendendo por obra inédita a que non foi comunicada nin na súa totalidade nin en parte por ningún tipo de procedemento.
2ª. As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, en calquera caso cunha extensión total mínima de 50 folios estándar e máxima de 100, equivalentes respectivamente a 90.000 e 180.000 caracteres con espazos. Cada autor ou autora poderá presentar cantas obras quixer, en envíos separados.
3ª. Establécese un único premio de catro mil (4.000) euros, que estará suxeito ás retencións legalmente establecidas. Enténdese que o importe do premio inclúe e compensa os dereitos económicos polos primeiros mil exemplares vendidos da obra premiada, ós cales os autores e autoras renuncian polo feito de presentárense a este certame e obteren o premio.
4ª. A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia, S. A. Esta editorial asinará coa autora ou autor un contrato de edición nas condicións habituais, sempre de acordo coa lexislación vixente sobre a propiedade intelectual, e tendo en conta a exención prevista na base anterior. O autor ou autora recibirá gratuitamente trinta (30) exemplares da primeira edición, e o Concello de Lugo cen (100).
5ª. Das obras presentaranse tres exemplares mecanografados, en follas impresas por unha soa cara e cun tipo e tamaño de letra facilmente lexibles, debidamente paxinadas e encadernadas, no departamento de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo (Praza Maior, 1, 27001 LUGO), indicando no exterior do sobre ou paquete “Para o XX Certame Ánxel Fole”.
6ª. Os orixinais presentaranse baixo lema ou pseudónimo, sen ningún dato que identifique a autoría. Con eles achegarase un sobre pechado, en cuxo exterior constará o lema ou pseudónimo e o título da obra, e no interior o nome completo (e o nome literario ou pseudónimo de publicación no seu caso), o enderezo e o teléfono da autora ou autor, o correo electrónico se o tiver, e unha fotocopia do DNI ou pasaporte.
7ª. O prazo de presentación pecharase o venres 29 de decembro do 2017. Nos envíos postais admitiranse os que foran expedidos ata a devandita data límite.
8ª. O xurado deliberante estará formado por tres persoas competentes na materia, designadas pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, unha delas a proposta de Edicións Xerais de Galicia. Con voz e sen voto, formarán tamén parte do xurado a Concelleira de Cultura e un funcionario que ela designe e que actuará como secretario.
9ª. O xurado reunirase para discernir o premio –que non poderá ser dividido, pero si declarado deserto– antes do 31 de marzo do 2018. As súas decisións serán inapelables.
10ª. Se no período de tempo transcorrido entre a presentación dunha obra e o ditame do xurado esa obra obtiver outro premio, o autor ou autora débello comunicar inmediatamente ó Concello de Lugo, retirándoa do Certame Ánxel Fole. En calquera caso, enténdese que a obtención dun premio anterior implica a renuncia automática ó premio Ánxel Fole que lle puidese ser atribuído a esa obra por descoñecemento desta circunstancia, sen prexuízo doutras responsabilidades nas que a autora ou autor puidese incorrer pola omisión do deber formulado nesta base.
11ª. Os orixinais non premiados poderán ser recuperados polos seus autores dentro dos trinta días posteriores á publicación da decisión do xurado, ben recolléndoos persoalmente no Servizo de Cultura do Concello de Lugo, ben solicitando o seu envío por correo, en ámbolos casos identificándose e identificando a obra de xeito suficiente a xuízo do funcionario secretario do xurado ou da xefa do Servizo, que fican obrigados ó segredo sobre os datos de autoría que así coñezan. Unha vez transcorrido o devandito prazo, os orixinais non retirados serán destruídos xunto coas súas plicas.
12ª. A participación no certame supón e implica a aceptación total das súas bases.”
Bases do XI Certame Literario Terras de Chamoso
Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2018
Bases do VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas
Bases do Prémio Scórpio de Narraçom Breve
XV Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria de Moaña
Bases do XLIII Certame Nacional Galego de Narracións Breves Premio Modesto R. Figueiredo
1. FINALIDADE DO PREMIO
A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, coa colaboración do Concello de ARZÚA (A CORUÑA) organiza o Certame Nacional Galego de Narracións Breves baixo o nome de “Premio Modesto R. Figueiredo”. Este certame organízase coa finalidade de promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo.
2. REQUISITOS PARA PARTICIPAR
Poderán participar todos os autores e todas as autoras de calquera nacionalidade, con unha ou máis obras, sempre que estean escritas en lingua galega, sexan inéditas e non se presentasen antes a ningún outro certame literario.
3. TRABALLOS QUE SE PODEN PRESENTAR
Os traballos deben ter un mínimo de cinco e un máximo de trinta páxinas mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara en follas de tamaño DIN-A4. Non obstante, o Xurado poderá reconsiderar esta base se entendese que a temática ou desenvolvemento lóxico do argumento o precisasen.
4. TEMPO E MODO DE PRESENTACIÓN
As persoas que participen deberán enviar os seus traballos por quintuplicado sen remite, ou outra forma de identificación, antes do 20 DE NOVEMBRO de 2017 a algún destes enderezos:
FUNDACIÓN DO PADROADO DO PEDRÓN DE OURO
Apdo. de Correos, 627. Santiago de Compostela
CONCELLO DE ARZÚA
Rúa Santiago, 2 – 15810 Arzúa – A Coruña
Para a identificación das persoas premiadas ou para aquelas autoras ou aqueles autores de obras que o Xurado considere apropiadas para publicar, todos os traballos deberán engadir un sobre pechado, cos seus datos (nome, apelidos, enderezo, teléfono ou correo electrónico) e tamén o currículo vitae de o considerar oportuno. No exterior do sobre só aparecerá o título ou lema da obra.
(***) Con respecto aos traballos que o Xurado considere merecentes de publicación poderán abrirse as plicas correspondentes para poñerse en contacto cos autores e autoras para que dean o consentimento para publicalos.
5. PREMIOS
A obra gañadora será premiada con 1000€ (suxeito ás obrigadas retencións fiscais). Porén, se o Xurado considera de calidade outras obras, dúas delas máis poderán obter segundos premios que serán de 400 € cada un e asemade tamén suxeitos ás obrigadas retencións fiscais). Ademais, o Xurado poderá recomendar a publicación daqueles traballos que así o considere (aínda, que non contarán con premio económico)(***).
(***) En todo caso, a publicación destas obras soamente será posíbel co consentimento das súas autoras ou dos seus autores.
6. XURADO E DECISIÓN
O Xurado estará composto por especialistas en crítica literaria designados pola Fundación do Pedrón de Ouro co asesoramento e colaboración das Asociacións de Escritores (AELG e PEN CLUBE DE ESCRITORES DE GALICIA) e do Concello de ARZÚA (A CORUÑA). Así, a Fundación do Pedrón de Ouro reservarase os postos de presidente/a, e secretario/a (este último con voz, pero sen voto).
(***) Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.
O Xurado reunirase na segunda quincena do mes de decembro e dará a coñecer a obra ou obras premiadas coa apertura de plicas diante dos medios de comunicación. Finalmente, ao remate da decisión do Xurado o/a secretario/a redactará a acta que asinarán todos os membros deste.
7. ENTREGA DE PREMIOS
Os premios que obteñan as obras seleccionadas entregaranse nun acto organizado polo Concello de ARZÚA (A CORUÑA) en día e data que se dará a coñecer oportunamente. Os/as autores/as premiados/as terán que recoller persoalmente os seus galardóns.
8. OBXECCIÓNS E NORMAS DE INTERESE
A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro reservarase o dereito exclusivo de publicar as obras premiadas na súa primeira edición. O/a autor/a ou autores/as, ao aceptaren estas bases, renuncian voluntariamente aos seus dereitos en favor da Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro.
A partir da seguinte edición, as obras son da total propiedade das súas autoras e autores, os/as cales terán a obriga de facer constar que a obra foi premiada no Premio Modesto R. Figueiredo da Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro. As obras non premiadas seranlles devoltas aos seus autores e ás súas autoras se as requiren antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado. Se ninguén as require, serán destruídas.
A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro é a única entidade con capacidade para decidir en última instancia calquera dúbida que puidese suscitar a interpretación das bases deste certame.
O feito de concursar xa obriga ás autoras e aos autores a aceptar as presentes bases deste Certame.”
VIII Concurso de Relatos de Muller Matilde Bares
Bases do III Premio Antón Risco de Literatura Fantástica
“Urco
Editora, a Fundación Vicente Risco, Auga Editora, Âncora Editora, Sacauntos Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-mundos, Pastelería Fina Rei e A Fábrica de Vilanova, convocan conxuntamente o «III Premio Antón Risco de Literatura Fantástica» coa fin de homenaxear o escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández. Continuador do gusto polo fantástico do seu pai, don Vicente Risco (a quen podemos considerar introdutor do xénero fantástico na literatura galega coa obra Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros en 1919), Antón Risco foi un profundo teorizador da literatura fantástica con obras como Serpentáguila (Notas de un lector de poesía), Quebec (Canadá), Ediciones Hipogrifo, 1986; Literatura fantástica de lengua española (Teoría y aplicaciones), Madrid, Taurus, 1987; Viaxes á América Latina á procura de literatura fantástica. Sada (A Coruña), Edicións do Castro, 1987. Tamén cómpre salientar o seu labor de editor en Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, Vigo, Galaxia, 1991. Asemade, foi prolífico escritor de novelas e relatos fantásticos, moitos deles aínda inéditos.
Por tal motivo e co fin de continuar o seu labor de divulgar o xénero fantástico convoca este premio conforme ás seguintes BASES:
Primeira: Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega ou portuguesa, cunha extensión mínima de 150.000 caracteres con espazos e máxima de 600.000.
Segunda: O prazo de entrega remata o día 30 de outubro de 2017 e os orixinais deberán entregarse na sede de Urco Editora, en Rúa do Avío, 11 baixo – 15705 Compostela, ben de xeito presencial, ben por correo postal ou mensaxería, sen que consten no exterior datos identificativos do/a autor/a.
Terceira: Os orixinais presentaranse en formato PDF, ODT ou DOC, gravados nun CD ou nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4, en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo. Alternativamente, poden enviarse en papel, caso no que deberán entregarse 5 copias debidamente encadernadas.
Calquera orixinal entregado en letra Comic Sans será automaticamente descartado e o/a autor/a denunciado/a ante as autoridades competentes.
Os orixinais, veñan en CD ou en papel, irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade do/a autor/a (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior só o título ou lema da mesma.
Cuarta: A obra gañadora será premiada con 3000 euros (suxeitos ás retencións fiscais pertinentes) e a publicación do libro. Urco Editora e Âncora Editora serán as encargadas da edición e publicación da mesma en lingua galega ou portuguesa e Auga Editora da tradución, edición e publicación en lingua española.
Quinta: O xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre personalidades recoñecidas do mundo da literatura e da edición.
Sexta: Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do xurado, o premio poderá declararse deserto.
Sétima: A contía do premio considérase en concepto de anticipo polos dereitos de autoría, polo que Urco Editora, Auga Editora, Âncora Editora e demais convocantes, resérvanse o dereito de publicación da primeira edición da obra gañadora en lingua galega ou portuguesa e castelá. O/A beneficiario/a do premio, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada en cada lingua e na adquisición doutros exemplares contará cun desconto do 50%. Asemade, a persoa gañadora do premio será convidada a formar parte do xurado na seguinte edición. Se os dereitos de autoría xerados polas vendas superasen a contía do premio, procederase a liquidar periodicamente os mesmos con normalidade.
Oitava: As entidades convocantes resérvanse o dereito a publicar, xunto co fallo, os lemas das obras finalistas cuxa publicación recomendase o xurado, mais sen abrir a plica, para respectar así o seu anonimato. Os/As autores/as das obras mencionadas que así o desexen, poderán poñerse en contacto coas entidades convocantes para trataren o tema da publicación.
Novena: Os orixinais que non resulten premiados serán devoltos aos seus autores e autoras no caso de o requiriren por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do xurado.
Décima: O fallo do xurado terá lugar en Allariz, na Fundación Vicente Risco, durante o mes de febreiro de 2018.
Undécima: A participación neste premio leva de seu a aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelábel.”

















