O mércores 11 de maio, ás 11:30 horas, na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa (Culleredo), terá lugar unha tertulia de historia a cargo de Carlos Pereira Martínez, baixo o título de Manuel María e Culleredo. A entrada será libre para o público interesado.
Arquivo da categoría: Día das Letras
Pontevedra: conferencia de Mercedes Queixas: Vida e obra de Manuel María
O martes 10 de maio, ás 20:30 horas, no local social do Burgo (Rúa Manuel Murguía, 1), en Pontevedra, terá lugar a conferencia Vida e obra de Manuel María, a cargo de Mercedes Queixas, dentro do programa Maio, mes de lingua, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación Sociocultural O Burgo, coa colaboración da editorial Galaxia.
Bilbao: Manuel María, Galicia e a conciencia ecolóxica, conferencia de José Antonio Cascudo
Caldas: conferencia sobre Manuel María, con Manuel Veiga
Diálogos Manuel María: Miguel Anxo Fernán Vello
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Diálogo con Miguel Anxo Fernán-Vello arredor da figura de Manuel María. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Gasteiz, Euskadi: conferencias de Xosé Estévez e Mercedes Queixas sobre Manuel María
Preséntase no Centro Ramón Piñeiro unha edición facsimilar da revista Xistral
Desde a Xunta de Galicia:
“O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou este serán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) unha edición facsimilar da revista poética Xistral publicada no ano 1949 por Manuel María, autor que será homenaxeado o próximo Día das Letras Galegas.
Valentín García sinalou que, “vista coa distancia que proporciona o tempo, Xistral foi unha aventura literaria que simbolizou tamén a continuidade dunha lingua e dunha cultura”, polo que, máis alá do seu indubidable valor artístico, “é un referente na loita a prol da cultura galega” que ten gañado un lugar de honra na nosa historia.
O secretario xeral estivo acompañado polos profesores Luís Alonso Girgado, coordinador da publicación; Manuel González González, director científico do CRPIH; Blanca Ana Roig-Rechou, directora da área de Literatura do CRPIH, e Claudio Rodríguez Fer, prologuista da edición.
Edición facsimilar
A revista Xistral (Lugo, 1949) foi unha aventura de mocidade do, daquela, aínda estudante de bacharelato Manuel María Fernández Teixeiro, quen dirixiu a cabeceira e publicou nela os seus primeiros versos. Na iniciativa, que durou apenas dous números, contou coa colaboración do seu amigo Manuel Antonio Sopena Somoza. Malia a súa curta vida, nestas entregas figuran poemas de autores lucenses tan destacados como Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro ou Aquilino Iglesia Alvariño.
A edición facsimilar publicada polo CRPIH conta con textos introdutorios de Claudio Rodríguez Fer e mais do responsable da edición, Luís Alonso Girgado, e reproduce tamén unhas palabras liminares a propósito de Xistral pronunciadas no seu día por Manuel María. (…)”