O
venres 16 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Pública González Garcés (Rúa Miguel González Garcés, s/n.) da Coruña, Xesús Manuel Valcárcel falará sobre Xosé María Díaz Castro: poesía galega da paisaxe. Tamén se inaugura a exposición que organiza a propia Biblioteca arredor da figura de Díaz Castro.
Arquivo da categoría: Día das Letras
A Coruña: presentación de Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz
A Coruña: presentación de Xosé María Díaz Castro, para alumear o mundo
Compostela: actos relacionados co Día das Letras Galegas no Conservatorio Profesional de Música
Vigo: charla-coloquio Xosé María Díaz Castro: a beleza que fere
A Coruña: actos arredor do Día das Letras Galegas da A. C. O Facho
O
martes 13 de maio, a A. C. O Facho organiza dous actos na Coruña co gallo do Día das Letras Galegas:
– 12:30 h. Oferenda floral nos xardíns de Méndez Núñez, diante do monumento a Curros Henríquez. Falará o presidente d’O Facho, Xosé Luís Rodríguez Pardo, sobre Xosé María Díaz Castro. Na cerimonia haberá musica de gaiteiros.
– 20:00 h. No local de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), Xulio López Valcárcel falará sobre Xosé María Díaz Castro.
Lisboa: Nimbos de luz. Biopoética de Xosé María Díaz Castro, por Armando Requeixo
Ferrol: Xosé María Díaz Castro nas Letras Galegas
A Casa-Museo de Manuel María acolle unha exposición-homenaxe a Díaz Castro
A
Fundación Manuel María de Estudos Galegos súmase ás múltiplas mostras de recoñecemento e homenaxe que están a ter lugar na Terra Chá e en toda Galiza con motivo da dedicatoria das Letras Galegas deste ano á figura de Xosé María Díaz Castro. E faino por medio dunha mostra de diferentes materiais que testemuñan a relación literaria e tamén persoal que uniu os dous autores chairegos. Dita exposición, emprazada na Casa-Museo de Outeiro de Rei -a que foi casa natal de Manuel María-, pódese visitar no espazo do auditorio da Casa todos os sábados e domingos no horario habitual en que esta abre o público: sábados de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 h. e domingos de 11:00 a 14:00 horas. É posíbel, así mesmo, concertar visitas dirixíndose previamente á Fundación (a través do correo-e fundacion@manuelmaria.com ou do teléfono 698 177 621).
O público poderase achegar a fotografías, dedicatorias, manuscritos, correspondencia epistolar e outros elementos orixinais que poñen en común no literario e tamén no persoal a Xosé María Díaz Castro e a Manuel María. Materiais todos eles que fan parte do fondo documental da Fundación Manuel María de Estudos Galegos procedentes do arquivo persoal do mesmo Manuel María.
Para alén daqueles elementos documentais que polas súas características só resulta posíbel amosar visualmente, o público terá a oportunidade de consultar en man unha mostra da correspondencia epistolar privada mantida entre o poeta de Outeiro de Rei e o autor homenaxeado coas Letras Galegas deste ano, ben como distintos exemplos de composicións soltas que Xosé María Díaz Castro foi agasallando a Manuel María, exemplares dos cadernos inéditos de poesía en galego ou mesmo o proxecto dun poemario cuxo bosquexo facía parte do arquivo de Manuel María.
Lugo: proxección de O instante eterno, de Xosé Antón Cascudo
O
mércores 7 de maio, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), proxéctase O instante eterno, documental dirixido por Xosé Antón Cascudo arredor da figura do poeta guitiricense Xosé Mª Díaz Castro. O acto, promovido pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, contará coa presenza do director do documental e a entrada é libre e gratuíta.






