A
cuarta feira 22 de febreiro, ás 19:45 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), Vítor Vaqueiro presenta o libro Da identidade à norma, editado por Laiovento, do que é autor xunto con Nicolás Xamardo. Nesta palestra-debate, organizada pola A. C. O Galo, participan tamén Marcos Maceira e Luís Gonçales Blasco, Foz.
Arquivo da categoría: Ensaio
Vigo: presentación de Bolxeviques/Bolcheviques 1917-2017, coordinados por Teresa Moure
Pontevedra: presentación de Da identidade à norma, de Vítor Vaqueiro e Nicolás Xamardo
A
quinta feira 16 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz de Pontevedra (Peregrina, 29), Vítor Vaqueiro presenta o libro Da identidade à norma, editado por Laiovento, do que é autor xunto con Nicolás Xamardo. No acto participa tamén Xabier Paz.
A Coruña: Xosé Manuel Sánchez Rei presenta O falar das fadas
Betanzos: presentación de As construcións da arquitectura popular, de Manuel Caamaño Suárez
A Coruña: presentación de Bolxeviques/Bolcheviques, coordinados por Teresa Moure
A
terza feira 14 de febreiro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32), na Coruña, terá lugar a presentación dos libros Bolxeviques. 1917-2017 e Bolcheviques 1917-2017 coordinados por Teresa Moure (coord.), e publicados por Xerais e Através. No acto participan, xunto á coordinadora dos volumes, Carlos Velasco e Mario Regueira, coa presenza dos editores.
Carme Fernández Pérez-Sanjulián: “É envexábel a teoría e a acción das Irmandades”
Entrevista
a Carme Fernández Pérez-Sanjulián en Sermos Galiza:
“A profesora da Universidade da Coruña Carme Fernández Pérez-Sanjulián vén de presentar, como coordinadora, o volume As Irmandades da Fala, cen anos despois, impulsado polo grupo ILLA (Investigación Lingüística e Literaria Galega).
Recoñecida investigadora, o seu traballo céntrase no estudo da literatura galega e portuguesa dos séculos XIX e XX, así como nas relacións entre os discursos literarios, culturais e políticos, sobre todo, a respeito da identidade e da construción nacional.
– Sermos Galiza (SG): O volume que coordinas ofrécenos unha visión holística ou totalizadora das Irmandades da Fala. Como o concibistes desde o grupo ILLA?
– Carme Fernández Pérez-Sanjulián (CFPS): Concibimos o libro como unha obra interdisciplinar para poñermos de manifesto o carácter integral e totalizador do labor das Irmandades que, obviamente, non se limitou ao campo literario ou ao lingüístico. As Irmandades son como a base, o programa a partir do que se organizan múltiples liñas de traballo en moi diferente ámbitos… é importante, por exemplo, analizar como a introdución da lingua galega no ámbito científico tivo a ver co labor das Irmandades.
– SG: Nesa interdisciplinariedade foi fundamental o grupo de autoras e de autores.
– CFPS: A preparación deste libro enmárcase na proposta inicial, que xorde desde o Museo do Pobo Galego, para coordinar e organizar as actividades polo Ano das Irmandades. Foi unha convocatoria xeral dirixida a todo o tecido cultural galego en sentido amplo, e tamén ao académico, para intentar artellar o máis posíbel as actividades, para evitar duplicidades… e coordinar esforzos A esa reunión, para alén de institucións, fundacións… foron convocadas as universidades, sobre todo, os departamentos de Filoloxía Galega, así como o de Historia Contemporánea da USC. E das tres universidades, só respondemos nós, o noso grupo de investigación. Así, a Universidade da Coruña, a través do grupo ILLA, implicouse activamente na organización do simposio Repensando Galiza que tivo lugar en novembro e, xa de modo máis específico, na organización deste volume de estudos. (…)”
Compostela: presentación de Aulas sen paredes, de Rosalía Fernández Rial
O
venres 10 de febreiro, no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela, preséntase o libro Aulas sen paredes, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas. O programa do acto é o seguinte:
– 12:00 h. Biblioteca. Presentación. Con Manuel Portas, un dos alumnos que aparece no documental, Manuel Dios, Valentín García e a propia autora.
– 13:00 h. Proxección do documental Aulas sen paredes, coa asistencia dos alumnos protagonistas.




