O
martes 14 de decembro, ás 20:30 h., na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avenida da Feira 10, baixo) de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, terá lugar a presentación do libro Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio, de Xosé Francisco Pardo Teijeiro, publicado en A Nosa Terra Edicións. No acto participan o autor e o profesor Xosé Ramón García.
Arquivo da categoría: Ensaio
A Coruña: presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge
O
mércores 15 de decembro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, s/n.) da Coruña, preséntase o libro A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge, publicado en Laiovento. No acto participan, co autor, Francisco Pillado e Manuel Rivas.
Lugo: presentación de Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa
O
martes 14 de decembro, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o libro Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa. No acto participarán, acompañando ao autor, a ilustradora Noemí López e o editor Manuel Bragado.
A Coruña: presentación de Antón Moreda. Memória do exílio, de Uxío-Breogán Diéguez e Antom Santos
O martes 14 de decembro, a partir das 20:30 h., no Salón de Actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Antón Moreda. Memória do exílio de Uxío-Breogán Diéguez e Antom Santos, editado pola Asociación Galega de Historiadores. No acto participa, ademais dos propios autores, Antom Santamarinha, ex-presidente das Mocedades Galeguistas.
Zas e Vimianzo: presentación de A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte
O
venres 10 de decembro preséntase o libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, publicado por Xerais, no que participan, alén del, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema, en dous puntos desta comarca:
– Ás 19:30 h. no Auditorio de Baio (Zas), e coorganizada polo Concello de Zas, A.M.C. Pepe Valiña, Amigos do Liño e Edicións Xerais, contará coa participación de Manuel Muíño (alcalde de Zas), Antonio Díaz Amor (presidente de A.M.C. Pepe Valiña), Carmen Riveiro (presidenta de Amigos do Liño) e Manuel Bragado (director de Xerais).
– Ás 21:30 h., no Salón Caribe de Vimianzo, coorganizada polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e Edicións Xerais de Galicia. O acto contará coa participación de Ramón Gándara (representante do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte), Manuel Bragado (director de Xerais) e os autores.
Redondela: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 10 de decembro, ás 20:00 h., na Casa da Torre (A Torre, 55) de Redondela, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Alexandre Vázquez e Xosé Manuel Moo.
Pontevedra: presentación de O clamor da rebeldía, de María Pilar García Negro
O
xoves 9 de decembro, a partir das 20:30 h., na Galería Sargadelos de Pontevedra, preséntase O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro, publicado en Sotelo Blanco. O acto está organizado pola Asociación Maio Longo e o Concello de Pontevedra.
Pontevedra: presentación de A Galicia heterodoxa, de Carlos Pereira
Monforte: presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte, de Xesús Alonso Montero
O
xoves 9 de decembro, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte de Lemos, preséntase Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais, e galardonado co Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (ensaio) de 2010 e o Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción no 2009. No acto participan, co autor, Rosa María López González e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Decrescimento, crise, capitalismo, de Carlos Taibo
O
xoves 9 de decembro, ás 20:00 h., no local da Escola Popular Galega (Rúa Real nº 12) de Vigo, Carlos Taibo presenta Descrecimento, crise e capitalismo, publicado en Estaleiro Editora. Estará precedido por unha intervención de Manoel Santos, director de Altermundo.org.
