O xoves
3 de febreiro, a partir das 20:30 h., no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, e con entrada libre, preséntase Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), de Miguel Mato, editado pola A. C. Alexandre Bóveda, que comeza con este libro as súas publicacións.
Arquivo da categoría: Ensaio
Lugo: presentación de Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, de Carlos Nuevo e Emílio Xosé Ínsua
O
luns 31 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia (a carón da Catedral) de Lugo, preséntase o libro escrito en colaboración por Carlos Nuevo Cal e Emílio Xosé Ínsua Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, que obtivo o Premio Ánxel Fole na edición do 2009. Crónica posterior en El Progreso.
Ferrol: presentación de Ferrol. Patrimonio e sociedade, de Rosa Méndez Fonte
O venres 28 de xaneiro, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro Ferrol. Patrimonio e sociedade, de Rosa Méndez Fonte. No acto acompañarán á autora Fernando Bores, Germán Castro e Carlos Miragaya.
Vigo: presentación de Celebración de Uxío Novoneyra II (1930-1999)
Santiago: presentación de A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte
O
martes 25 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, publicado por Xerais, no que participan, alén del, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema. No acto acompañarán aos autores Jorge Mira e Manuel Bragado.
A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia, de Xavier Castro, gaña o premio Gourmand best in the world na categoría de mellor libro de historia gastronómica en galego
O
libro de Xavier Castro A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia, publicado en Biblos Clube de Lectores, mereceu a atención dos xurados do pretixioso premio Gourmand best in the world que o consideran o mellor libro escrito en galego sobre a materia e que, como tal, participará na fase final do galardón que se fallará a comezos de marzo en París. A obra de Xavier Castro representará a Galicia na categoría de mellor libro de historia gastronómica (Best Culinary History Book) cos gañadores en outras linguas e os resultado coñecerase o vindeiro 3 de marzo no teatro Le 104 de París. A Feira do Libro de Cociña de París é o maior evento do mundo dedicado aos libros de cociña e o viño. Cimentada sobre unha vasta e sólida rede de contactos de editoriais de máis de 50 países, a feira xunta sen problemas negocio e pracer. Editores, autores, fotógrafos, deseñadores, impresores, distribuidores, libreiros; todos se reúnen nesta feira para negociar ps seus proxectos.
Edicións Positivas publica Conversa ultramarina, inédito de Lois Pereiro
Edicións Positivas,
tras reeditar as obras de Lois Pereiro, Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, publica agora o inédito Conversa ultramarina, obra na que o autor fala das súas inquedanzas, gustos, amizades, proxectos, do futuro.
“Ensaios sobre historia e memoria 2000-2010”
(Coñecendo a nosa historia recente e Século XXI, idade de ouro da memoria, en A Nosa Terra)
Ferrol: presentación de Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), de Manuel López Foxo
O mércores 19 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), de Manuel López Foxo, publicado en Laiovento. No acto, acompañando ao autor, intervirán Francisco Pillado e Francisco Rodríguez.
A Coruña: presentación do libro Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), de Manuel López Foxo
O xoves 20 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no local de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, terá lugar a presentación do libro Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), de Manuel López Foxo, publicado en Laiovento. No acto, acompañando ao autor, intervirán Felipe Senén e Francisco Pillado.
