Arquivo da categoría: Espectáculos
Outeiro de Rei: Pendanca e oso, con María Lado e Lucía Aldao
Ourense: Pendanca e oso, con María Lado e Lucía Aldao
O martes 27 de decembro, ás 21:30 horas, no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor, 11), en Ourense, María Lado e Lucía Aldao protagonizan o recital de poesía, humor e música Pendanca e oso, unha fábula aldaolado sobre o amor. O prezo da entrada é de 5 euros.
Compostela: Sempre en Ibiza, con Aldaolado
A Coruña: Océano para terrícolas, espectáculo baseado en Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Ourense: presentación de Poemas birollos para ler cos ollos e Contos nerviosos, de Fran Alonso
O venres 7 de outubro, ás 18:30 horas, na Libraría Espacio Lector Nobel (Rúa da Concordia, 8), de Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Xela Alonso e o propio autor. Presenta o acto o editor Miguel Toval.
A Coruña: presentación de Poemas birollos para ler cos ollos e Contos nerviosos, de Fran Alonso
O sábado 1 de outubro, ás 12:30 horas, na Libraría Moito Conto (Rúa San Andrés, 35), na Coruña, terá lugar a presentación de Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Xela Alonso e o propio autor.
Ourense: actividades destacadas do 82 Congreso PEN Erguendo pontes literarias do luns 26 e martes 27
Dentro do programa do 82 Congreso do PEN Clube, Erguendo pontes literarias, terán lugar en Ourense as seguintes actividades destacadas o luns 26 e martes 27, dentro do seu programa: Programa-Congreso-PEN-2016.
Luns 26
– 20:00 h. Teatro Principal (Rúa da Paz, 9). Acto inaugural. Espectáculo “Ourense Literario”, a cargo da Compañia de Teatro A Panadaría. Con Bieito Iglesias, lembranza de: Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares, Antón Risco, Antón Tovar, Pura Vázquez, Marcos Valcárcel e Xosé Fernández Ferreiro.
Martes 27
– 20:00 h.. Praza de San Martiño. A (Poesía) Milagre do Mundo. Unha idea de Manuel Rivas. Música de Pulpiño Viascón. Olga Novo, Oriana Méndez, Estevo Creus, María do Cebreiro, Dores Tembrás, Xohana Torres, Iolanda Zúñiga, Lucía Aldao.