Arquivo da categoría: Feiras
Ribadeo: actos literarios destacados na I Feira Feminista
O sábado 28 de outubro, en Ribadeo, dentro do programa da I Feira Feminista, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, terán lugar os seguintes actos literarios destacados:
– 12:45 h. Vermú María Soliña e Versos feministas no bar O Cabás, con María José Fernández.
– 13:45 h. Vermú María Castaña e Versos feministas no bar O Indiano con Olalla Cociña.
Presentación pública do Festival Rosalía 2017
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora nesta iniciativa, Festival Rosalía 2017, organizada pola Deputación da Coruña.
Unha fábula? Non! É Rosalía!
Reinterpretada, revisitada, e reinventada constantemente durante os máis de 180 anos que leva entre nós, Rosalía de Castro converteuse na verdadeira heroína da nosa cultura e como tal o Festival Rosalía quere celebrar a súa vixencia e importancia.
O Festival Rosalía é unha iniciativa da Deputación da Coruña, que se desenvolverá na cidade de Santiago de Compostela os días 29, cunha gala no Teatro Principal, e 30 de setembro, cunha feira de produtos rosalianos na Praza de Cervantes. Neste 2017 a escusa é o centenario da inauguración do monumento a ela dedicado na Alameda de Compostela.
Colaboran: Concello de Santiago, Fundación Rosalía de Castro e Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Para cantarlle, para recitarlle e para sentila entre nós, o venres 29 de setembro ás 21:00 h. realizarase o primeiro evento do Festival Rosalía, unha gala con poesía e música no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dirixida por Avelino González e presentada por Lorena Conde, contará coas actuacións de Uxía & Sérgio Tannus & Santi Cribeiro, Najla Shami, Abe Rábade & Nastasia Zürcher e Xiana Lastra Pernas & Andrea Porto, a participación de Rosalía Fernández Rial, Marta Dacosta, Cesáreo Sánchez Iglesias e Anxo Angueira, e cunha convidada sorpresa moi especial. Entrada gratuíta, previa retirada de convite no Teatro Principal, de martes a sábado en horario de 18:00-21:00 h. (máx. 4 entradas por persoa).
Vexa aquí o informe de prensa para a presentación do Festival Rosalía, que tivo lugar o 18 de setembro en Compostela.
Compostela: Foliada das Letras 2014
Santiago: aberta a inscrición para a Feira das Culturas de Compostela
“Comezamos a enviar información deste interesante proxecto que se realizará todos os primeiros sábados de mes. Esta Feira terá como espazo mensual Área Central. Organizaranse espazos para que todos os sectores da cultura de Compostela e comarca se organicen autonomamente para presentarlle á sociedade compostelá as súas producións.
Se queres participar na Feira das Culturas de Compostela, descarga o formulario de solicitude na seguinte ligazón: https://www.dropbox.com/s/392dlk4is01adbq/Formulario%20inscrición.doc, para logo envialo cuberto ao correo electrónico discovergalicia@gmail.com, e responderémosche á maior brevidade.
Lembrade que as prazas son limitadas!”
Presentación de Culturgal 2010 en Pontevedra
(Xornal, Galicia Hoxe, Asociación Galega de Editores). Neste arquivo pódese descargar máis información: Dossier Culturgal 2010.
Pontevedra acollerá en novembro o Cultur.gal
O Cultur.gal celebrarase finalmente en Pontevedra os 25, 26 e 27 de novembro deste ano.
Xornal, Cultura Galega, A Nosa Terra,
Manuel Rivas e Quico Cadaval na Feira Internacional de Literatura de Bos Aires
Manuel Rivas e o actor e director teatral Quico Cadaval serán os grandes representantes galegos na segunda edición do Festival Internacional de Literatura de Bos Aires, que reúne até o próximo domingo na capital arxentina destacados autores chegados de todo o mundo.
Quico Cadaval será o primeiro deles en intervir o sábado coa súa actuación Fantasmas Familiares. Con este espectáculo, Cadaval levará até as rúas de Bos Aires unha peza oral artellada ao redor dos relatos populares sobre fantasmas. O actor e director teatral afonda na épica que procede da tradición tabernaria. O resultado que amosa o actor en Fantasmas familiares é un tecido narrativo onde se dan a man a cultural popular, os contos tradicionais e o singular sentido do humor e da narrativa de Cadaval. Na súa intervención aparecerán personaxes tan diversos como son os mariñeiros vingativos, os raptores de menores, os mecánicos supersticiosos ou os cándidos borrachos.
Pola súa banda, Manuel Rivas participará nunha mesa redonda con outros autores para disertar sobre a importancia da trama no argumento das obras literarias. Baixo o título La trama es lo que cuenta, Rivas amosará o seu punto de vista de como se planifica a arquitectura dunha obra literaria.
Desde o Xornal de Galicia.
Carballo: Praza dos libros, actividades do sábado 28 e domingo 29
Dentro das actividades da Praza dos libros de Carballo, o sábado 28 de agosto, ás 20:30 h., A lingua que queremos, presentación conxunta dos libros Lingua e futuro, coordinado por Goretti Sanmartín, publicado en Laiovento, Lingua de calidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais, e Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo, coordinado por Luís Villares, publicado en Laiovento. No acto participan os autores acompañados por Silvana Castro.
O domingo 29 de agosto, derradeiro día da feira, ás 18:00 h., preséntase o libro Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega en Suíza, publicado pola CIG, coordinado por Xurxo Martínez Crespo, que participará no acto acompañado por Marianne Hellfer.
Feira do libro antigo e de ocasión da Coruña
Como todos os anos, desde o domingo 15 ao 31 de agosto celébrase nos Xardíns de Méndez Núñez a Feira do Libro Antigo e de Ocasión. Os horarios son de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:30 a 22:00 ás tardes. Máis en A Coruña Cultura.