Desde a Asociación Galega de Editores:
“Do 7 ao 12 de outubro o sector galego estará representado na Feira do Libro de Fránkfurt por profesionais de Nova Galicia Edicións, Kalandraka Editora, Ouvirmos, Baía Edicións, Hércules de Ediciones, KNS Ediciones, Arnoia Distribucións e Asociación Galega de Editores. A Cámara de Comercio de Santiago colabora na organización da visita cunha importante axuda á presenza individual dos editores e dos seus stands. A institución cameral despraza a Fránkfurt a unha das súas profesionais. A Asociación Galega de Editores ten previstas diversas reunións e entrevistas con axentes editores do sector internacional. (…)”
Arquivo da categoría: Feiras do Libro
Carballo: actividades do domingo 31 na Praza dos Libros
Finaliza esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o domingo 31, destacamos os seguintes:
– 12:30 h. Presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais, coa presenza do autor, acompañado por Rosalía Fernández Rial.
– 18:30 h. Presentación-recital dos poemarios Chamádeme Eva, de Mercedes Leobalde, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, publicado na A. C. Caldeirón.
– 19:30 h. Presentación do libro Os Bolechas en Carballo.
– 20:30 h. Presentación de Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado en Xerais.
Carballo: actividades do sábado 30 na Praza dos Libros
Continúa esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o sábado 30, destacamos os seguintes:
– 19:30 h. Presentación de Días de Cuba e Epistolario diverso, de Xosé Neira Vilas, publicados en Galaxia e Embora. No acto participan, xunto ao autor, Víctor Freixanes e Miguel Toval.
– 20:30 h. Presentación de Contos de taberna, publicado polo Concello de Carballo.
Xira chinesa de Yolanda Castaño
Dende o pasado 1 de agosto e ata o 21 de setembro, Yolanda Castaño encóntrase na China convidada como ‘escritora en residencia’ e participando nun bo número de manifestacións literarias internacionais. Ademais da bolsa concedida polo Home of International Poets como poeta residente no Centro Artístico Shangyuan (Beijing), ao longo dos case dous meses de xira polo país asiático, a poeta compostelano-coruñesa ten xa intervido ou vai intervir en tres festivais de poesía, unha feira do libro, tres universidades e un acto no Instituto Cervantes.
Máis en concreto, do 2 ao 6 deste mes tiña lugar o Forum-Mesa Redonda en Qinghai (xeograficamente situado na meseta tibetana) contando cunha ponencia e lectura de poemas tanto por parte de Castaño como pola doutros autores chegados de Canadá, Sudáfrica, Turquía, Polonia, Quenia, Romanía ou China. O 15 de agosto, a galega facía parte da Noite de Gala Poética celebrada na Feira do Libro de Shanghai, a carón do Premio Nobel de Literatura V. S. Naipaul, os premios Pulitzer americanos Robert Hass e Robert O. Butler ou o húngaro Péter Esterházy. Este vindeiro 1 de setembro, Castaño intervirá na Universidade de Nanjing dentro do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, e cara mediados de mes farao na Academia Central de Belas Artes da China. Ademais, do 6 ao 11 de setembro, participará no Festival Poético de Medio Outono en Beijing e Hefei (provincia de Anhui), e do 14 ao 18, no Festival Internacional de Poesía de Pequín –que incluirá intervencións na Universidade Capital Normal de dita cidade e un obradoiro de tradución na Universidade de Beijing. Por último, na sede do Instituto Cervantes da capital do país terá lugar o 17 de setembro a conversa e o recital poético entre Yolanda Castaño e a chinesa Ming Di.
Foz: actos destacados do sábado 30 na Feira do Libro
O sábado 30 de agosto terá lugar a penúltima xornada da Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destacan os seguintes:
– 19:00 h. Presentación de Como ser reintegracionista sen que a familia o saiba, de Eduardo Sanches Maragoto, publicado en Edicións do Cumio. Xunto ao autor, participa tamén Cándido Meixide.
– 19:30 h. Begoña Caamaño asinará exemplares de Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, na caseta da Libraría Bahía.
– 21:00 h. Presentación do libro O ciclo do pan e as súas construcións na Mariña de Lugo. Eiras, cabozos, muíños e fornos, de José María Leal Bóveda, publicado pola Deputación de Lugo.
Carballo: actividades do venres 29 na Praza dos Libros
Continúa esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o venres 29, destacamos os seguintes:
– 12:00 h. Xogos musicais, de Luís Prego. Actividade baseada no libro publicado en Edicións do Cumio.
– 18:30 h. Merenda con Pan de millo, concerto a partir do libro-disco.
– 20:30 h. Presentación e recital poético e musical de Ningún amante sabe conducir, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Toxosoutos. A autora estará acompañada polo pianista Serxio Moreira.
Foz: acto destacado do venres 29 na Feira do Libro
O venres 29 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:
– 20:00 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.
Carballo: actividades do xoves 28 na Praza dos Libros
Chega unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o xoves 28, destacamos os seguintes:
– 12:30 h. Inauguración da Praza dos Libros, con pregón a cargo de Xan Fraga Rodríguez. No acto participan tamén Mar Eirís, Evencio Ferrero e a Banda de Gaitas.
– 19:30 h. Presentación de A toponimia celta de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles, publicado en Toxosoutos. Participa, xunto ao autor, Xosé Manuel Varela.
– 20:30 h. Presentación de Salseiros, de Suso Lista, publicado en Embora.
Foz: acto destacado do xoves 28 na Feira do Libro
O xoves 28 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:
– 20:45 h. Presentación do libro Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado en Xerais.
Monforte: actos destacados do sábado 23 na Feira do Libro
O sábado 23 de agosto finaliza a Feira do Libro de Monforte (na rúa Cardeal, con horarios de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destacan os seguintes:
– 19:00 h. Recital-presentación da novela Fugaz coincidencia e o poemario Nair, de José Estévez, publicados por Redelibros. Participan, xunto ao autor, Luísa Arias, Ana P. Croas, Iria López, Montse González, Beti Arias, Catarina Laxe, David Díaz Dacal e Isidro Rajo “Isidrez”.
– 20:00 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.
– 21:00 h. Sinatura de libros de Xurxo Souto na caseta da Libraría Cartabón.