Crónica fotográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2021, dedicada a Concha Blanco

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Concha Blanco, que foi homenaxeada en Cee.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un pradairo), a colocación dun monólito conmemorativo e a asignación a un espazo público do nome da autora.

Aquí pode verse un adianto da crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha pequena escolla:

Ourense: actividades destacadas do 3 de xuño na Feira do Libro 2021

O 3 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Victoria García (autora) e Laura Cortés (ilustradora) asinan As formiguiñas fiandeiras, publicado por Hércules.
20:00 h. Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan asinan Maxia de pedra, publicada por Xerais.
21:00 h. Carlos da Aira (autor) e Alexandre Folgoso (fotógrafo) asinan Punto de ignición, publicado por Saurobuks.

Ourense: actividades destacadas do 2 de xuño na Feira do Libro 2021

Crónica fotográfica do recital Versos na baixamar, o 17 de maio, en Barreiros

Estas son algunhas das fotografías do recital Versos na baixamar en Barreiros, que tivo lugar o 17 de maio, iniciativa da AELG e o Concello de Barreiros. A crónica fotográfica completa (a autora das fotos é Alba Díaz) pode verse aquí.

Crónica fotográfica do acto de Lectura de textos de Xela Arias, o 16 de maio, na Coruña

Estas son algunhas das fotografías do acto de Lectura de textos de Xela Arias na Coruña, que tivo lugar o 16 de maio, organizado pola AELG xunto á Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.