Desde
Cultura Galega:
“Malia non ser un dos persoeiros máis coñecidos do galeguismo de preguerras, a vida e a obra política e intelectual de Plácido Castro (Corcubión, 1902; Cambados, 1967) merecería por si soa un filme británico. Políglota, viaxeiro e activista político, foi o principal responsable do recoñecemento internacional de Galicia como nación antes da Guerra Civil. Tres novos libros editados pola Fundación Plácido Castro botan luz sobre este descoñecido intelectual.
A Fundación Plácido Castro vén de editar tres curiosas e interesantes publicacións que divulgan a obra e o pensamento do corcubionés Plácido Castro. Un galego en Irlanda, 101 máximas e reflexións de Plácido Castro e 1933-2013. 80 anos da participación e admisión de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas. Os tres libriños permiten coñecer a personalidade e as accións poliédricas e acceder a importante documentación interna da Sociedade de Nacións que permite coñecer a estratexia dos galeguistas para o recoñecemento internacional de Galicia como pobo.
Plácido Castro naceu en Corcubión no seo dunha das familias máis adiñeiradas da área. Os seus pais enviaráno a estudar, cando aínda era moi neno, aproximadamente aos seis anos, ao colexio Scarborough de Glasgow. Nesta cidade escocesa tamén cursaría os seus estudos universitarios. A súa vida en Inglaterra compaxinaríase coas súas vacacións en Galicia, onde tomou conciencia da identidade, da lingua e da cultura. Militaría no Partido Galeguista e participaría da prensa da época, onde remitiu numerosas crónicas da vida e da cultura inglesas.
Un galego en Irlanda é unha compilación de seis crónicas de viaxes que Plácido Castro remitiu ao xornal vigués El Pueblo gallego, e nos que detalla unha viaxe á illa -de especial relevancia no discurso cultural e político dos galeguistas do momento- na que remata por convivir cos illeiros do arquipélago de Blasket. As crónicas, cheas de lirismo, anécdotas e un perspicaz talante, son unha viaxe de ida e volta entre Galicia e Irlanda, nos seus parecidos e diferenzas.
O libriño 101 máximas e reflexións de Plácido Castro introduce aos lectores no pensamento galeguista e político do escritor e tradutor, no que se evidencia a súa demanda de conciliar tradición e identidade coa modernidade para ser visibles no mundo. A vocación internacional de Castro tamén se advirte na escolma de documentos publicados en 1933-2013. 80 anos da participación e admisión de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas; a través dos documentos pódese seguir o proceso da inclusión e participación dos galeguistas no Congreso de Nacionalidades Europeas, celebrado en Berna en 1933. (…)”
Arquivo da categoría: Historia
Santiago: proxección do documental Alexandre Bóveda. A fazaña da liberdade
A Coruña: O Estatuto de Autonomía de Galiza do 36, charla a cargo de Pilar García Negro
O
xoves 4 de xullo, ás 20:00 horas, no salón de Actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha charla a cargo de Pilar García Negro sobre O Estatuto de Autonomia de Galiza do 36. A charla realizase con motivo do 77 aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936 eversará sobre os aspectos histórico- políticos dese Estatuto, para posteriormente ter un debate.
Pontevedra: conferencia de Aurora Marco sobre Galegas na resistencia antifranquista
O
sábado 8 de xuño, ás 19:15 horas, no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar a conferencia de clausura do Simposio sobre a represión franquista contra as mulleres: vítimas da represión, protagonistas da resistencia, a cargo de Aurora Marco, quen falará sobre Galegas na resistencia antifranquista. O prazo de inscrición no simposio estará aberto até o 7 de xuño enviando os datos persoais ao correo mulleresememoria@gmail.com.
Conferencia de Aurora Marco nos VI Encontros Cidade da Coruña
Continuamos
a publicación das conferencias que tiveron lugar nos VI Encontros Cidade da Coruña, celebradas no mes de abril e maio deste ano, 2013.
Aurora Marco pronunciou a segunda conferencia, co título Elas, as invisíbeis. Silencios e voces das represaliadas, unha viaxe sobre o exilio das mulleres galegas, silenciadas pola historia tradicional. Tras unhas consideracións xerais sobre as palabras das mulleres e sobre a escrita autobiográfica feminina, analizáronse e comentáronse dous textos que recuperan as voces da memoria democrática: Éxodo (1940), de Silvia Mistral, e Memorias dunha republicana (2012), de Teresa Alvajar López. Para finalizar, proxectouse un capítulo do documental As silenciadas, de Pablo Ces, Premio Mestre Mateo 2012.
Pódese escoitar completa aquí: Conferencia (Aurora Marco)
A Coruña: conferencia de Antón Riveiro Coello nos VI Encontros Cidade da Coruña
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anuncia que este xoves 25 de abril, a partir das 20:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), terá lugar a terceira conferencia dos VI Encontros Cidade da Coruña, organizados coa colaboración da Real Academia Galega e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. O escritor Antón Riveiro Coello falará sobre As voces ausentes. Literatura restitutoria, intervención que versará sobre as funcións da literatura na memoria da Guerra Civil, unha das grandes traxedias do século pasado, que, malia a recuperación dos últimos anos, ten sido, e aínda segue a ser, o primeiro territorio da invisibilidade.
Unha reflexión sobre como coa imaxinación e a través da vida de seres esquecidos podemos construír unha ficción cos lugares calados e invisibles da Historia, e como con eles podemos incidir na sociedade actual e transformala.
Literatura de restitución de voces ausentes como poden ser as das mulleres, a través das que se intenta canalizar a memoria e a percepción do conflito. Literatura tamén de recoñecemento ás vítimas, para lles dar unha homenaxe, sen entrar en ningún tipo de división ideolóxica.
Intentarase demostrar que escribir sobre (e dende) a Guerra Civil non é unha moda dos fillos ou netos da mesma senón un acto de compromiso e rebeldía contra o esquecemento desas personaxes humildes nas que tamén está representada a identidade colectiva. Literatura como unha opción ética e estética de poñer en tensión o pasado e inscribir nel estas novas olladas que aspiran a modificalo.
É dicir, a ficción, como lugar de exploración dos discursos do pasado, para iluminar eses espazos invisibles, para recompoñer as pluralidades das voces ausentes e achegar novas verdades a esa memoria en permanente construción.
Santiago: presentación de Amigos e sodomitas, de Carlos Callón
Entrevista a Carlos Sixirei sobre a primeira historia de América escrita en galego
Pitões das Júnias, Montalegre: II Jornadas das Letras Galego-Portuguesas, os 11 e 12 de maio
O
grupo/blogue despertadoteusono.blogspot.com tem a bem organizar para os próximos dias 11 e 12 de maio as II Jornadas das Letras galego-portuguesas. O programa inclui umas conferências, comidas de irmandade, poesia e visita a alguns dos lugares mais emblemáticos da Freguesia de Pitões e do Concelho de Montalegre. As vagas para a matrícula nas II Jornadas são limitadas e a inscrição acaba o dia 8 de maio de 2013. O programa é:
Dia 11 de Maio Sábado (Hora portuguesa)
– 12:00 h.: Juntança de irmandade, convívio e jantar na casa de Turismo Rural do Padre Fontes Nossa Senhora dos Remédios em Mourilhe.
– 16:00 h.: Apresentação em Pitões das II Jornadas das Letras galego-portuguesas. Temática: Lugares mágicos da Gallaecia.
– 16:30 h.: Recital de Poesia.
– 17:30 h.: 1ª Palestra: António Alijó: Árvores e pedras mágicas do mundo celta.
– 18:30 h.: 2ª Palestra: Rafael Quintia: Geografias míticas da Galiza e espaços hierofânicos. Mitos, rito e crença.
– 19:30 h.: Visita turística pela aldeia de Pitões.
– 20:30 h.: Ceia-Convívio na Taberna Celta.
– 22:00 h.: Atuação do Bruxo Queimam.
Dia 12 de Maio Domingo (Hora portuguesa)
– 10:00 h.: 3ª Palestra: Santiago Bernárdez: Os “Annála Ríoghachta Éireann” e as relações entre a Galiza e Éire na Idade Moderna.
– 11:00 h.: 4ª Palestra: Miguel Losada: Os que termam do céu. Imagens da Sacralidade antiga ou quando o mundo era um templo.
– 12:00 h.: Conclusões e encerramento.
– 14:00 h.: Comida num restaurante da aldeia.
– 16:00 h.: Roteiro e explicação pelos exteriores de Pitões.
Vagas limitadas
As jornadas são de graça. Não cobramos por assistência mas o jantar do dia 11 de maio ao meio-dia na casa do Padre Fontes em Mourilhe não é obrigatório para a inscrição nas jornadas mas terá um custo de 15 Euros.
Organização e Matrícula:
José Manuel Barbosa 0034-637-47.48.33
Ro Palomera 0034-673-04.88.59
barbosa_gz@hotmail.com
ros@live.cl
Madrid: conferencia de Rafael Lema sobre naufraxios na Costa da Morte
O
luns 25 de marzo, ás 19:30 horas, no Ateneo de Madrid terá lugar unha conferencia co título Naufraxios na Costa da Morte, a cargo de Rafael Lema Mouzo e do arqueólogo submarino Miguel San Claudio Santa Cruz, acompañados por Gabriel Portal Antón e Juan Manuel Gracia Menocal.


