Arquivo da categoría: Historia
III Festival Literario de Allariz
Pontevedra: Festa dos Libros 2024
Vídeo da presentación en Vigo de A loita dos perdedores, de Luís Lamela
A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento de Xusto Beramendi, membro desta Asociación
Xusto Beramendi, historiador e escritor de ampla traxectoria, finou o 3 de xullo de 2024.
O seu inmenso traballo centrouse na divulgación e análise da historia das ideoloxías e dos nacionalismos, tendo sido recoñecido con importantes premios ao longo da súa traxectoria.
No seu espazo na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra do autor na súa propia voz.
O xoves, quinta feira, 4 de xullo, ábrese capela ardente no Museo do Pobo Galego desde as 10:00 até as 13:00 horas, de corpo presente. Seguidamente terá lugar a celebración dun acto cívico na súa honra.
Anteriormente, o mércores, cuarta feira, 3 de xullo, está no tanatorio Apóstolo Santiago, en Compostela.
A Coruña: “O patronato franquista: un inferno para as mulleres aínda descoñecido”, palestra de Montse Fajardo
Ferrol: presentación de Os reis e as raíñas da Galiza
A Coruña: presentación de Os reis e as raíñas da Galiza
O 25 de xuño, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase Os reis e as raíñas da Galiza. No acto intervirá un dos autores, Alexandre Peres Vigo, profesor da Universidade da Coruña (UDC), e Xoán Costa, Presidente do Consello de administración de Sermos Galiza. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.