Arquivo da categoría: Historia
Carral: 179 aniversario dos Mártires de Carral
Lugo, Compostela, Catoira, Silleda e Vilalba: presentacións de libros con Carlos Callón
A Coruña: presentación de Federico Tapia Segade 1825-1891. Primeiro alcalde republicano da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez
Lugo: apresentação de Terra a nossa!, de Antom Santos
O Carballiño: presentación de Abril é un país, de Tereixa Constenla
A Coruña: presentación de Personaxes da Galiza medieval II
O 15 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, terá lugar a presentación do libro Personaxes da Galiza medieval II. A Asociación Cultural O Galo de Santiago está a editar unha colección sobre personaxes da Galiza medieval, para contar a historia de homes e mulleres que desempeñaron na nosa Terra un rol relevante, entre os séculos VI e XV. É importante coñecer a nosa historia e tomar conciencia sobre a ocultación e deturpación que sufriu canto sucedeu aquí ao longo dos séculos. As biografías que aquí se recollen son as da raíña Dona Sancha, Fernando e Vermudo Peres de Trava, o arcebispo Bernardo II, Paio Gómez Chariño, Afonso Soares de Deza, Pedro Fernández de Castro e Fernando Ruis de Castro. Contarase na presentación co historiador Xosé Miguel Andrade Cernadas, catedrático na USC (coautor desta obra) e con Mª Antonia Pérez, profesora titular na UDC. As persoas interesadas poden inscribirse aquí. As asistentes levarán de agasallo ese libro que se editou grazas a unha axuda da Deputación da Coruña.
Mondoñedo: Homenaxe a José Sánchez Gacio
Carlos Callón: “Hai documentos que nos din moi alto e claro que a diversidade afectiva e sexual existiu ao longo da historia”
Entrevista a Carlos Callón no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Antes de saír do prelo xa causou un maremoto nas redes sociais. Vidas e historias LGBT da Idade Media, de Carlos Callón, estuda e analiza textos literarios, históricos e legais do medievo para descubrimos unha época máis diversa e tolerante do que podíamos supoñer. Describe unha Idade Media onde había mulleres emparelladas, homes que xuraban lealdade por vida a outros homes e mesmo santos trans. A entrevista pode verse aquí.”
A AELG lamenta fondamente o pasamento de Xoán Bernárdez Vilar
A AELG lamenta fondamente o pasamento do escritor, historiador e ensaísta Xoán Bernárdez Vilar, sumándonos á dor da súa familia. A súa fecunda creatividade, tanto na narrativa como no ensaio histórico, achegouse tamén ao territorio da tradución, obtendo diversos premios ao longo da súa traxectoria.
Xoán Bernárdez Vilar fora membro do Consello Directivo da AELG entre 1984 e 1985. Pode consultarse a continuación a dolorosa noticia recollida na páxina web da Real Academia Galega, da que era membro correspondente desde 2003.