O
venres 1 de abril, ás 11:00 h., na Biblioteca González Garcés da Coruña, Gálix entregará ao escritor Xosé Neira Vilas o título que o acredita como Socio de Honra da asociación. Os actos da entrega, nos que participará o autor de Gres, están enmarcados na inauguración dunha mostra de cubertas arredor das distintas edicións en diferentes linguas de Memorias dun neno labrego, Querido Balbino, organizada pola Dirección Xeral do Libro. Co gallo do nomeamento, Gálix editou un libro, en colaboración coa Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, titulado Cartas a Balbino que se repartirá de balde durante o acto. Crónica posterior en Galicia Hoxe.
Arquivo da categoría: Homenaxes
A Coruña: Homenaxe a Manuel Espiña Gamallo
O venres 11 de marzo, a partir das 20:00 h., na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.) da Coruña, terá lugar unha Homenaxe a Manuel Espiña Gamallo, na que intervirán: Celia Castro, Luz Pozo, Felipe Senén, Francisco Pillado, Manuel Rivas e Victorino Pérez Prieto, xunto ás actuacións musicais de Mini e Mero e Coral Polifónica Follas Novas. Está organizada pola Comunidade Home Novo.
Pontevedra: acto de homenaxe a Gloria Sánchez no 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Mundo Lois estréase en Vigo
Rianxo: a Casa Museo de Manuel Antonio abrirá esta primavera
Actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro
A revista Grial rende tributo a Francisco Fernández del Riego no seu último número
(Xornal)
Vigo: A poesía de Cunqueiro desprégase polo casco antigo para celebrar o seu centenario
Vigo: Os Bos e Xenerosos. Francisco Fernández del Riego
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra anualmente a súa homenaxe Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.
No 2011 chegamos á súa oitava edición, que se dedicou, por decisión unánime dos escritores/as Socios/as, a Francisco Fernández del Riego, polo seu silencioso e incansábel traballo que mantivo aceso o facho da cultura galega en tempos moi difíciles.
Será o sábado, 19 de febreiro, na Casa da Cultura Galega de Vigo, ás 12.00, segundo o seguinte programa:
* Presentación e benvida a cargo de Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol.
* Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG (pódese ler o texto aquí).
* Lectura da acta de concesión de homenaxe por Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da AELG.
* Laudatio a cargo do escritor Víctor F. Freixanes (pódese ler o texto aquí).
* Visionado dun vídeo que recolle o esencial da vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
* Entrega da placa conmemorativa á familia de Francisco Fernández del Riego.
* Visionado dun vídeo dos fondos documentais da AELG: Francisco Fernández del Riego respondendo á pregunta, “Por que son escritor?“.
* Lectura de textos de Francisco Fernández del Riego a cargo de Malores Villanueva e Francisco Castro.
* Peche do acto por Cesáreo Sánchez.
O acto conta coa colaboración da Fundación Penzol, Editorial Galaxia e Concello de Vigo (Casa Galega da Cultura). Deixamos aquí o convite do acto.
Crónicas posteriores en Galaxia, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Xornal.
A Coruña: recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez
O
xoves 17 de febreiro, ás 20:00 h., na Biblioteca de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10) da Coruña, terá lugar un recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña quere mostrar así o seu agradecemento a Perfecto Estévez, deseñador referencial do noso país, e que ten colaborado coa AELG en tempos difíciles. O acto, presentado por Dores Tembrás, contará coa presenza de:
– Lois Diéguez
– Francisco X. Fernández Naval
– Yolanda Castaño
– Xulio L. Valcárcel
– Marica Campo
– Diana Varela
– Cesáreo Sánchez
Haberá unha actuación musical de César Morán e Xosé Taboada.
Na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, tamén en Durán Loriga, 10, pódese visitar a Exposición homenaxe a Perfecto Estévez organizada pola Concellaría de Cultura da Coruña.
