Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Vídeo da presentación en Vigo de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro
Compostela: presentación de A Pequena compaña, de Carlos Labraña
Compostela: sinatura de libros de Ledicia Costas, o 14 de decembro
Pontevedra: diálogo arredor de Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad
O
13 de decembro, ás 20:00 horas, no Espazo Nemonon (Edificio Villa Pilar, rúa do Marqués de Riestra, 11, 1º), en Pontevedra, terá lugar un diálogo arredor da novela Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, última entrega da saga Dragal publicada por Xerais. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, a autora estará acompañada por Anxo González Guerra.
Espazo Lectura celebra 100 sesións dos seus clubs de lectura de narrativa e cómic
“Hai
11 anos a asociación Espazo Lectura de Gondomar botaba a andar os clubs de lectura Sete Vidas, de narrativa, e Lecturas Debuxadas, de cómic, o que supuxo ofrecer por primeira vez na vila actividades semanais centradas en compartir impresións arredor da lectura de determinados libros recomendados.
Esta semana, ambos clubs celebran as sesións número 100, o que supón 100 títulos lidos en cada un dos clubs e cerca dun cento de escritores/as ou ilustradores/as que visitaron Gondomar e participaron nestas actividades. A sesión número 100 do Lecturas Debuxadas tivo lugar o martes 10 de decembro, e a do club Sete Vidas terá lugar na Casa da Lectura o xoves 12 de decembro a partir das 20:00 horas. Nesta sesión especial comentarase a novela Vivir na fin do mundo, da escritora Christina Lilliestierna.
Ao longo desta semana Espazo Lectura organiza outras actividades habituais do seu calendario: o venres 13 ás 18:00 horas, na Casa da Lectura, ten lugar o encontro para bebés e familias Contos en Cueiros, para o cal é necesaria incrición previa. O sábado hai dobre oferta na Casa da Lectura: ás 12:00 horas comeza o club Lendo Contigo para nenos e nenas a partir de 7 anos, e ás 20:00 horas é a quenda do Comando Le, club destinado a rapaces e rapazas a partir de 12 anos.
Por outra banda, o luns 16 de decembro ás 18:00 horas celébrase na Libraría Libraida de Gondomar o Contomar, contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Todas estas actividades son abertas ao público e gratuítas.”
Lalín: presentación de De animais e outros deuses, de Ángeles Madriñán
Teo: presentación de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro
O
5 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría A Vagoneta Educativa (Travesía de Cacheiras, 19), en Teo, preséntase Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro, publicada por Galaxia. Acompañando á autora, estará o escritor Xosé Antonio Perozo.
Lugo: presentación de O home que mercou un libro, de Paco Martín
O
5 de decembro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), preséntase O home que mercou un libro, de Paco Martín, publicado por Galaxia. Acompañan ao autor Antonio Reigosa e Xulián Parga.




