Compostela: actividades destacadas do domingo 28 na Feira do Libro 2019

O domingo 29 de abril comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

12:30 h. Pregón a cargo de Marilar Aleixandre.
13:00 h. Presentación de O cirrio e o dron, de José Julio Fernández, publicado por Hércules de Edicións.
13:30 h. Marilar Aleixandre asina exemplares da súa obra na caseta de Secretaría.
18:00 h. Presentación-concerto de Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
19:00 h. Presentación e obradoiro arredor do libro Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas, publicado por Xerais. Ao remate sinatura de exemplares.
19:45 h. Presentación de Novas masculinidades, de Jorge García Marín, publicado por Através Editora. Con Daniel Amarelo.
20:00 h. Charo Baleirón e Esther Balboa asinan Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros literarios, na caseta da Libraría Ler Librerías.

Ferrol: actos destacados do 27 de abril na Feira do Libro 2019

O 27 de abril finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

17:30 h. Carla Reyes Uschinsky asina Case iguais, na caseta da Libraría Cortizas.
18:30 h. Leandro Lamas asina na caseta de Edicións Embora.

Ferrol: actos destacados do 26 de abril na Feira do Libro 2019

O 26 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

18:00 h. Antón Cortizas asina exemplares da súa obra na caseta da Libraría Pedreira.
19:00 h. Brais e Anxo Moure, “Os mouros Moure”, presentan Contos e música para coidar o mar (e deixalo de mancar).

Ferrol: actos destacados do 25 de abril na Feira do Libro 2019

O 25 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

17:00 h. Recital dentro da Semana de Poesía Salvaxe. Participan Víctor Díaz, Karlotti Valle e Guillermo Fernández.
18:30 h. Pepablo Patinho asina exemplares de Lúa, na caseta de Edicións Embora.
19:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta de Secretaría.
20:00 h. Presentación de Antes de perdermos a memoria, de Alfonso Tellado, por Edicións Embora. Participa Xoán Barro.
20:00 h. Guillermo Llorca asina exemplares de Ferroláns na caseta de Edicións Embora.

A poesía de Manuel Rivas, Lupe Gómez ou María do Cebreiro, traducida ao inglés

Artigo de Daniel Salgado en Sermos Galiza:
“A poesía galega avanza na súa difusión internacional. Libros de María do Cebreiro, Manuel Rivas, Lupe Gómez e Yolanda Castaño verán luz en inglés nos vindeiros meses.
Camuflaxe (Chan da Pólvora, 2017) foi a reaparición de Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972) logo de seis anos sen publicar. Novo estadio na súa contundente e singular obra poética, obtivo gran recoñecemento das lectoras e da crítica. Non por acaso recibiu o premio da Asociación Galega da Crítica 2018. A canadiana Erín Moure encargouse da tradución inglesa e o volume inaugurará o selo estadounidense Circumference Books, centrado na tradución de poesía.
Shearsman Books, con sede en Bristol, é unha das principais editoriais do xénero en Gran Bretaña. Este ano publicará tres poetas galegas. O deserto (Apiario, 2015), de María do Cebreiro (Compostela, 1976) e no seu día premio da Crítica, e A segunda lingua (Pen Clube, 2014, premio Abanca), de Yolanda Castaño (Compostela, 1977), terán versión do tradutor e poeta irlandés Keith Payne.
A Manuel Rivas (A Coruña, 1957) tamén o traducirá unha irlandesa, a poeta Lorna Shaugnessy que xa se ocupara de facelo con A desaparición da neve (Alfaguara, 2009). Desta volta será A boca da terra (Xerais, 2015).
Non só a poesía viaxará máis alá do campo literario galego. A editorial Small Stations, dirixida por Jonathan Dunne e Tsevetanka Elenkova, anuncia a publicación, ao longo do que queda de 2019, de cinco títulos, segundo informa o portal Galician Literature da Dorección Xeral de Políticas Culturais da Xunta.
Serán de Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) –Tristes armas (Xerais, 1994)-, Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) –A Cabeza de Medusa (Galaxia, 2008)-, Elena Gallego (Teruel, 1969) –Dragal IV: A estirpe do dragón (Xerais, 2015)-, Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1955) –Pensa nao (Xerais, 1999) e Paco Martín (Lugo, 1940) –Das cousas de Ramón Lamote (SM, 1985).”