Reunida
en Santiago de Compostela, a xunta directiva de GÁLIX decidiu por unanimidade nomear Socio de Honra 2017 o escritor Paco Martín.
A entrega do galardón terá lugar o vindeiro mércores, día 8 de novembro, ás 12:00 h. nun acto escolar aberto ao público no IES Ánxel Fole (Lugo) [Rúa Angelo Colocci, s/n.].
O escritor Xabier P. DoCampo realizará a laudatio. Despois o alumnado do centro poderá presentaralle ao homenaxeado diferentes traballos relacionados coa súa obra. Logo da resposta do homenaxeado á laudatio, o presidente de GÁLIX fará entrega da escultura, deseño de Noemí López, que acredita o nomeamento.”
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Lugo: presentación de Chafarís, nova obra de Xoán Neira
O
venres 3 de novembro, ás 19:00 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), Xoán Neira presenta Chafarís, álbum ilustrado infantil, publicado por Embora. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Miranda e Miguel Toval. Pecharano nenas e nenos coa lectura de varios poemas.
Lugo: presentación de Chafarís, de Xoán Neira
O
venres 3 de novembro, ás 19:00 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), Xoán Neira presenta Chafarís, álbum ilustrado infantil, publicado por Embora. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Miranda e Miguel Toval. Pecharano nenas e nenos coa lectura de varios poemas.
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. O Teatro e as súas potencialidades na educación infantil, con Manuel Núñez Singala
A
AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. O Teatro e as súas potencialidades na educación infantil ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense). Todas as sesións comezan ás 18:00 h.
Entrada libre.
Inscrición (gratuíta) para recibir un diploma de asistencia (12 horas) en imocino@uvigo.es
Para alumnado de Ciencias da Educación, alumnado do Campus Universitario de Ourense, mestres/as en activo e público en xeral.
O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), conta coas seguintes conferencias:
31 de outubro | Manuel Núñez Singala | Normalización da lingua, identidade e literatura.
Obxectivos
• Dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar o teatro e a dramatización á infancia e adolescencia.
• Divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras/es (autoras/es, ilustradoras/es), aspecto fundamental entre futuros docentes da Educación Infantil e Primaria.
• Reforzar as carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa literatura dramática e a representación na etapa da Educación Infantil e Primaria.
• Desenvolver coloquios/conversas coas creadoras/es participantes (autoras/es textuais, da ilustración, escenógrafas/os, directoras/os…) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes coa percepción que os usuarios/consumidores teñen da súa produción.
• Valorar as potencialidades do teatro e as súas múltiples dimensións na práctica docente e na formación da infancia.
• Tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos, saber recomendar as obras de calidade e, sobre todo, aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a literatura dramática.
• Visibilizar a produción e potencialidades da literatura dramática para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.
• Valorar o papel dos docentes e a escola como dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.
María Reimóndez traduce ao galego Os tres mosqueteiros
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Neste programa falaremos de grandes obras da literatura universal que xa podemos ler en galego. A primeira é un clásico das novelas de espadas: Os Tres Mosqueteiros, con traducion e adaptación a cargo de María Reimóndez. Pode verse aquí.”
Adeus ao escritor chairego Xosé Manuel Carballo Ferreiro
Desde
As crebas, blog de Miro Villar:
“Finou o 28 de outubro o escritor chairego Xosé Manuel Carballo Ferreiro (San Martiño de Goberno, Castro de Rei, 1944 – 2017), tamén coñecido como activista cultural e sacerdote na Terra Chá, e, malia non termos trato persoal, interesounos a súa obra que revisitamos para a antoloxía Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda (Escolma de textos literarios éditos e inéditos na literatura galega contemporánea), Alvarellos Editora 2017, coordinada por min propio e por Xosé Manuel Lobato, escritor e presidente da A. C. Mestre Manuel Gacio de Boqueixón, entidade que promoveu a súa publicación. (…)”






