Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Compostela: presentación de Voa, voa!, de Artur Trillo
Bueu: presentación dos Premios Xerais 2023
Ponteareas: presentación de Alén das estrelamares, de Xoán Xosé Lago Pereira
A Coruña: A tribo do mar, de Lois Pérez, no Club da Raíña Lupa
Sabarís, Baiona: presentación de Unha veciña de película, de Iria Misa
Vigo: “A Movida literaria”, coloquios sobre novela negra e social e literatura infantil e xuvenil en Galicia
“Hoxe lemos: Furia, de María Reimóndez”
Entrevista a María Reimóndez no Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos con María Reimóndez a propósito do seu último libro, Furia, premio Jules Verne de literatura xuvenil. Unha novela sobre a adolescencia, a perda, os afectos e o boxeo como vía de reconexión individual e colectiva. Escoitamos tamén as impresións lectoras de Adela Dios, unha das integrantes do xurado do premio. Bárbara G. Vilariño, do club de lectura Queeruña, comparte as súas achegas sobre a triloxía de ciencia ficción feminista que Reimóndez comezou coa novela Cobiza e que culminará en 2024. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023. A dramatización na formación da identidade lectora, con Carlos Labraña, o 15 de novembro
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A dramatización na formación da identidade lectora é unha actividade coordinada por Isabel Mociño, Carla Míguez e Verónica Pousada Pardo (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Vaise desenvolver o 25 e 31 de outubro e o 8 e 15 de novembro, ás 18:00 horas, na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense. O programa pode descargarse aquí.
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O programa é o seguinte:
15 de novembro
Carlos Labraña
Non dramatices!!! Censura e autocensura no teatro infantil