“Anxo Angueira
é o novo presidente da Fundación Rosalía de Castro. O padroado da Fundación reuniuse o pasado venres 1 de xuño para escoller o novo presidente e a nova comisión executiva. Angueira chega á presidencia cunha listaxe de consenso. O escritor e poeta propuxo un programa de goberno para os próximos anos que salienta o fomento dos vínculos da entidade co Concello, con outras institucións e coa realidade do pobo de Padrón. (…) A nova comisión executiva, co escritor á cabeza, está integrada por Luz Pozo Garza, vicepresidenta da Fundación e académica de número; Xosé Carlos Beiró Piñeiro, secretario; Justo Cortizo Sóñora, tesoureiro e cinco vocais: Xesús Alonso Montero, presidente do Centro de Estudos Rosalianos e académico de número; Ana Blanco, presidenta en funcións ata a votación; María do Carme Kruckenberg, escritora e ensaísta; Xosé Luís Axeitos Agrelo, secretario da Real Academia Galega; e Dolores Vilavedra, profesora e crítica literaria.” Vía Fervenzas Literarias.
Arquivo da categoría: Institucións
Xosé Luís Regueira defende a achega do galego á identidade social ao ingresar na RAG
“O
novo membro da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Regueira, defendeu “a influencia” do galego no proceso de creación da “identidade social” de Galicia afirmou que a lingua “é o repositorio de coñecemento” e “a cifra da historia dun pobo”. O encargado de abrir a sesión plenaria foi o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, quen deu a palabra ao secretario, Xosé Luís Axeitos, para que dese lectura á certificación do acordo no que se determinou a celebración da sesión.
No seu discurso de ingreso, titulado Oralidades: reflexións sobre a lingua falada non século XXI, o novo académico recoñeceu a lingua galega como “algo máis que un código de comunicación ou que un instrumento” e defendeu que o galego “configura de xeito decisivo a identidade social” dos galegos e “mesmo a súa identidade como individuos”. “A lingua é o repositorio de coñecemento e a cifra da historia dun pobo, e nela quedaron gravadas a lume as vicisitudes maiores da nosa historia, dende a romanización ás pegadas dos habitantes dos castros”, asegurou Regueira. Así mesmo, desexou que a Real Academia Galega “non perda os fíos” coa “oralidade primeira”. “Esa é a lingua que nos fai existir, que nos constrúe como pobo e como nación con voz propia no mundo”, argumentou.” Vía Galicia Hoxe.
Actividades sobre Valentín Paz Andrade
“Continúa
a presentación de publicacións e novidades arredor da figura de Valentín Paz Andrade, homenaxeado nesta edición do Día das Letras. Máis de cen imaxes tiradas do álbum familiar de Valentín Paz Andrade compoñen a proposta que fai Ouvirmos arredor do autor na súa Fotobiografía. Textos de Miguel Anxo Seixas contextualizan este material e percorren a traxectoria do homenaxeado no día das letras. Xornais galegos como Faro de Vigo, La Voz de Galicia están a anunciar tamén as súas contribucións a esta homenaxe co lanzamento de diferentes publicacións sobre a vida e a obra deste persoeiro. Ao tempo, a empresa de alimentación Gadisa anunciou, que como vén facendo nos últimos anos, distribuirá dous millóns de bolsas con textos do homenaxeado na súa cadea de supermecardos. Canda a isto, agasallará aos seus establecementos 30.000 exemplares da novela de terro Formigas, de Tucho Calvo. Pola súa banda, a Consellaría de Cultura anunciou a celebración de concertos na rúa en diferentes localidades galegas. Os grupos Xardín Desordenado e Tender a Man interpretarán os versos deste autor nunha iniciativa que comeza hoxe en Vigo. Nestes días a CRTVG está a emitir os primeiros capítulos das Pílulas poéticas, unha serie de videopoemas sobre textos do homenaxeado.” Vía Cultura Galega.
As axudas á tradución baixan a 168.000 euros
“Dos 300.000 euros de 2010 aos 168.000 de 2012. As axudas á tradución de obras desde e para o galego que convoca a Consellaría de Cultura manteñen nos útimos anos unha curva descendente. A convocatoria deste ano distribúese en dúas anualidades, con 84.000 euros nos orzamentos deste ano e outro tanto nos de 2013, e establece un límite máximo de 6.000 euros de axuda por cada obra. No caso de traducións desde o galego, establécese un custo de entre 20 e 30 euros por páxina no caso de linguas peninsulares, e entre 25 e 50 para outros idiomas. Nas versións para a nosa lingua, os subsidio cubrirá entre 50% e o 75% do custo da tradución. Os interesados en participar na convocatoria teñen ata o vindeiro 4 de xuño.” Vía Cultura Galega.
Carlos Alberto Zubillaga recibido como Académico de Honra na Real Academia Galega
“Carlos
Alberto Zubillaga, doutor en Historia pola Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires, docente desta materia na Universidad de la República de Montevideo e director do Centro de Estudios Galegos, Cegal, desta mesma universidade entre outras responsabilidades, e autor dunha vasta produción historiográfica, foi recibido como Académico de Honra pola Real Academia Galega.”
Manuel Guede é o novo director do Centro Dramático
“O
Centro Dramático Galego xa ten novo director. Manuel Guede, que ocupou este posto durante 15 anos e que o abandonara en 2007, foi seleccionado pola Consellaría de Cultura para substituír a Blanca Cendán á fronte do departamento. Na presentación, Guede sinalou que dentro de quince días presentará a súa proposta de programación, sen aclarar se retomará o proxecto da obra As furias, que anunciara Cendán e que foi provisoriamente cancelado logo da súa marcha. A falar da orientación do seu mandato, Guede sinalou que pretende “ver o estado das cousas e das contas, recuperar o diálogo con institucións homólogas e ter a Portugal como liña mestra de acción”. Encol do Centro, sinalou que “só pode ser a casa dos mellores. No teatro público non se crean poéticas dramáticas, senón que se consolidan. Este non é lugar para experimentos”. Do mesmo xeito, apuntou a súa intención de recuperar o diálogo coa profesión. (…)” Vía Cultura Galega.
Santiago: Unha viaxe de ida e volta, até o 31 de maio
Unha
viaxe de ida e volta é o lema da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realizará ata o 31 de maio na Galería Sargadelos de Santiago, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. Como en edicións anteriores, ofrece sesións de contacontos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, e visitas guiadas pola exposición de ilustracións, libros e elementos tridimensionais. Compleméntase con sesións de contos para bebés, narración de contos con música para familias, e actividades formativas para o persoal dos centros de ensino. Neste arquivo pode descargarse máis información: Campaña de animación á lectura Concello de Santiago Kalandraka 2012.
Os recortes deixan á Academia Galega nunha «grave» situación
“O
recorte do 62 % que os presupostos xerais do Estado teñen previsto para a Real Academia Galega deixan a esta institución nunha «grave» situación, segundo admitiu o seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín. A RAG ten paralizadas as súas actividades e pode manter polo momento o seu funcionamento básico, pero Méndez Ferrín admitiu que «non queda marxe de manobra». Os presupostos estatais consignaron en 2011 unha partida de un millón de euros para a Real Academia Galega, cantidade que tentaba compensar o agravio comparativo con institucións como a catalana e a basca, que superaban esa cantidade, mentres a RAG non chegaba aos 200.000 euros. Esta consignación tiña que ser aprobada anualmente. «A comparativa das cifras xa o explica todo, pero ademais está o agravio histórico, porque as outras academias levan dez anos con esas asignacións e para a galega era o primeiro ano que se conseguía», di o presidente da RAG. O recorte sobre ese millón consignado o exercicio pasado volve a deixar á Academia con ingresos precarios e, segundo sinala o seu presidente, «sen que tampouco a Xunta veña a rescatarnos, porque este ano rebaixou un 28 % e xa o ano pasado nos recortara a asignación». Para Méndez Ferrín, o «rescate» pode vir dos diputados galegos no Congreso, que introduzan «unha modificación parlamentaria nos presupostos e se incremente a asignación». «Confiamos en que os diputados galegos do PP, do PSOE e de Bloque veñan ao rescate e, como xa sucedeu na lexislatura anterior, melloren a cantidade inicial prevista», declarou Ferrín. Co recorte decidido polo Ministerio de Educación y Cultura, explica o presidente da RAG que do que os galegos aportan aos presupostos do Estado «están destinando máis diñeiro para financiar a Academia de Farmacia que a súa academia da lingua, e non creo que iso lle guste a ningún galego». Ferrín advertiu que se non se consigue unha enmenda aos presupostos a «Academia quedará nunha situación económica moi grave».” Vía La Voz de Galicia.
Un gran acto cívico lembrará os 50 anos do Día das Letras Galegas
Artigo
en La Voz de Galicia:
“A Real Academia Galega xa ten perfilado o acto co cal vai conmemorar os 50 anos da celebración do Día das Letras Galegas. Será a finais deste ano na Coruña, na praza de María Pita, e o obxectivo é que teña unha ampla representación institucional, pero tamén social. O presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, adiantou onte en Santiago as liñas nas que traballa a institución, logo de compartir unha longa conversa de máis dunha hora en San Caetano co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na que tamén estiveron presentes o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, e o secretario da Academia, Xosé Luís Axeitos. «Había moito que falar coa Xunta, pero estamos contentos coa súa implicación», dixo Méndez Ferrín, quen recoñeceu que aínda queda moita programación por pechar e que a Real Academia precisará da axuda das institucións para preparar un acto no que queren que haxa presenza dos alcaldes das cidades e vilas que contaron cun homenaxeado nalgún 17 de maio do último medio século. Tamén queren encher María Pita con estudantes de colexios deses mesmos municipios. Con certa ironía, o presidente da RAG referiuse á necesidade de «cofinanciación». «Porque nós somos unha entidade pobre», apuntou. Con todo, non marchou coas mans baleiras do despacho do presidente da Xunta. No encontro, Feijoo confirmou o compromiso da Xunta para a organización das actividades especiais e avanzoulles aos académicos o programa no que traballa a Administración autonómica para as Letras Galegas. O Goberno acompañará ao plenario da RAG no acto institucional do 17 de maio en Vigo, dedicado a Valentín Paz-Andrade, e tamén impulsará diversas actuacións de dinamización social, como o apoio á web oficial sobre o homenaxeado, promovida por Industrias Pesqueras. Tamén haberá unha difusión especial de poemas sobre o escritor a través da televisión en formato de minipezas audiovisuais e con accións de rúa de música e poesía. (…)”
Andrés Torres Queiruga ve “mal orientado” o “toque” que lle deron e que o galego na Igrexa retrocede
Entrevista
en Galicia Hoxe a Andrés Torres Queiruga:
“O teólogo Andrés Torres Queiruga defendeu que a súa teoloxía é “tremendamente ortodoxa e moderada” e manifestou que o “toque” que lle deron “vai mal orientado” porque “o grupo que elaborou o documento non entendeu” a súa obra. (…)
Por outra banda, preguntado polo emprego do galego no seo da Igrexa, Torres Queiruga comentou que “houbo un retroceso” e afirmou que “non hai unha situación normalizada”. “Hoxe a Igrexa está por detrás da universidade e do mundo oficial, é unha pena porque a Igrexa por natureza, por vocación e por presenza é das institucións máis populares en Galicia, pero non está a ser suficientemente fiel a esta vocación”, lamentou. (…) “Unha Igrexa que non se obedece a si mesma non pode pensar que a van obedecer os demais. O Concilio Pastoral instou a que había que aumentar moito e con intensidade a presenza do galego na liturxia e na vida da Igrexa e iso non se cumpre”, concluíu.”