O sábado 1 de agosto, desde as 12:30 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), en Santiago de Compostela, terá lugar a última sesión do Observatorio de Ideas e Textos sobre Astronomía, guiado por Estíbaliz Espinosa, nunha iniciativa da AELG que contou co apoio do Concello de Santiago de Compostela. No acto terá lugar a lectura de varios textos creados polas persoas participantes no Observatorio. Haberá acceso libre, até completar a capacidade do local, para quen queira estar entre o público.
Arquivo da categoría: Lectura
Pico Sacro: Alba de Gloria 2026, o sábado 18 de xullo
Desde a A. C. O Galo:
“O próximo sábado, 18 de xullo de 2026 ás 12h, a Federación Galiza Cultura, da man da A. C. O Galo e a A. C. Vagalumes, celebra no cumio do Pico Sacro a LECTURA DO ALBA DE GLORIA DE CASTELAO, un dos textos máis fermosos da literatura galega e que o noso grande político e artista escribiu estando xa exiliado en Bos Aires.
Cada ano lembramos así a subida a este monte de Afonso R. Castelao e un grupo de amigos seus, algúns deles membros das Irmandades da Fala. A A. C. O Galo convídate á esta lectura e á visita guiada que realizaremos despois de xantar de campo. Non necesitas anotarte, podes traer contigo acompañantes, cada quen utilizará o transporte que coide máis acaído e traerá a súa comida.
ALBA DE GLORIA, SÁBADO 18.07.2026 ás 12h. NO CUMIO DO PICO SACRO:
12h: Benvida e intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritor@s en Lingua Galega.
12: 30h: Rubida ao último treito do cumio do Pico Sacro con descanso na capela. Xa no petouto, a A. C. Vagalumes, a A. C. O Galo e varias das persoas, lerán Alba de Groria de Castelao.
13:30h: Baixada con parada para ver a chamada cova da Raíña Lupa.
15:00 aprox.: Xantar de convivio en Carboeiro. Cada quen levará a súa comida, bebida e cubertos.
Non precisades apuntarvos.”









