Arquivos da etiqueta: Un ollo de vidro
A Coruña: Castelao a través de Memoria dun esquelete. Un ollo de vidro, con María Pilar García Negro
Ourense: conferencia Un ollo de vidro. A maxia de Castelao na evocación do sobrenatural, de Iria-Friné Rivera Vázquez
Conferencia Un ollo de vidro. A maxia de Castelao na evocación do sobrenatural, de Iria-Friné Rivera Vázquez
A Coruña: lectura teatralizada de Un ollo de vidro, de Castelao
A Coruña: conferencia ‘Un ollo de vidro. A maxia de Castelao na evocación do sobrenatural’, de Iria-Friné Rivera Vázquez
Compostela: faladoiro Un ollo de vidro. A maxia de Castelao na evocación do sobrenatural, por Iria-Friné Rivera Vázquez, o 25 de setembro
“O faladoiro Un ollo de vidro. A maxia de Castelao na evocación do sobrenatural, da man da historiadora da arte e escritora Iria-Friné Rivera Vázquez, terá lugar no auditorio do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o xoves, 25 de setembro, ás 19 horas. Presentado polo patrón do Museo Xosé Ramón Fandiño, o faladoiro pecharase cun coloquio aberto para debater conxuntamente. A entrada é libre até completar capacidade.
Será unha conversa centrada na exploración das temáticas e influencias presentes na novela de terror e fantasía Un ollo de vidro (1922) de Castelao. Concretamente, afondarase no xeito no que o autor resulta a man mestra que, xunto con Vicente Risco e Camilo Díaz Baliño, estableceu o xénero fantástico e terrorífico tanto na literatura como na arte galega.
Un ollo de vidro é unha sinerxía entre a cultura popular galega e as culturas de Centroeuropa e Europa Oriental materializando o sentido da universalidade, tanto como emancipación cultural como en contribución ao progreso da Humanidade. Como obra conta tanto con referencias a realidade coetánea como con citas históricas (a arte gótica, a arte flamenca), contemporáneas (o Romanticismo Negro), arte nova (cinema, deseño gráfico, ilustración e cartelismo) e vangardas (Expresionismo Alemán). Ao participar de todos este elementos, a obra de Castelao transcendeu o seu imaxinario ata albiscar moita da linguaxe cinematográfica que hoxe en día continúa vixente.”
A Coruña: lectura teatralizada de Un ollo de vidro, de Castelao
A Estrada: lectura pública de Memorias dun esquelete, de Castelao
Ledicia Costas, escritora: “A morte galega gaña terreo polo mundo!”
Entrevista de Belén Bouzas a Ledicia Costas en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Lectoras e lectores infantís que agora tamén poderán gozar dos minimortos en México, coa edición que acaba de tirar do prelo alí.
– Ledicia Costas (LC): Iso foi moi forte, a verdade. Cando me anunciaron desde Penguin Random House México que arrancaban xusto nos días previos á conmemoración desta data foi emocionante. Toda esta semana estiven en contacto coa prensa mexicana e foi moi estimulante porque, claro, alí celebran o Día dos Mortos dunha maneira moi especial… Non puideron escoller mellores datas.
Esta saída coincidiu ademais coa tradución de Kalandraka ao portugués de Escarlatina e Esmeraldina, que tamén saíu nestes días. Así que nada, aí estamos, a morte galega gañando terreo polo mundo! [risos].
– ND: O seu é fascinación polo alén.
– LC: Sempre me gustou o gótico, a literatura de pantasmas, de ultratumba, de vampiros… desde pequena. Bebín dese tipo de literatura. Os libros que me gustaban de adolescente eran dese pau, desde Un ollo de vidro…
Cada 31 de outubro miña irmá mais eu realizamos unha sesión de gastronomía e literatura. Facemos fotos macabras, tortas con temática destas datas… E onte [domingo] quixemos pór todos os libros que teño arredor da morte e non entraban na foto! É algo que me fixo moita graza, tomar conciencia de todos os libros que escribín arredor de ultratumba. É moi nutritivo ese mundo e, sobre todo, engancha o público infantil e xuvenil. Algo moi reconfortante. Creo que é porque se trata de escribir sobre o que está prohibido, sobre o tabú. Por iso pode resultar tan atraente, tan fascinante. Parece unha ironía pero a morte é unha parte moi importante da vida e se ninguén nos prepara para iso, cando sucede é absolutamente traumático. Xa o é, de natural… imaxina se non sabemos en que consiste.
– ND: E que nos pode adiantar sobre Golpes de luz (Xerais, 2021)?
– LC: Está a piques de saír, faltan 15 días e estou desexando que chegue ese momento. É outra novela para persoas adultas, logo da publicación de Infamia (Xerais, 2019).
É unha obra escrita a tres voces. Unha é a de Luz, que é unha muller de 80 anos; outra é a voz de Xulia, unha muller de 40; e a terceira é a de Sebas, que é un neno de 10 anos. Son tres xeracións. Avoa, nai e neto narran os mesmos feitos pero desde o seu particular punto de vista.
Crieime na zona de Lavadores (Vigo) xusto cando naceu o movemento veciñal “Madres contra la droga”, arredor de todo o tráfico de heroína nos anos 90. Vivía precisamente no barrio onde residiu moitos anos Carmen Avendaño. Nesa zona pasaron cousas bastante intensas arredor do tráfico de heroína e algunhas delas están neste libro. Iso marcou a miña infancia e creo que por iso escribín esta obra.
É unha novela que tamén aborda a temática dos coidados, a perda da memoria… Mais, e aínda que pareza mentira por todo o que acabo de comentar, é unha novela onde hai moitísimo humor. O humor ten unha presenza moi importante e os personaxes son moi esaxerados, rozan case o melodrama.”








