O sábado 22 de novembro, ás 12:00 horas, no antigo embarcadoiro de carbón de Santo Amaro, na Coruña, terá lugar un roteiro pola península da Torre con Xurxo Souto para complementar a conferencia sobre a toponimia costeira da Coruña que tivo lugar o martes 18 de novembro, actividade enmarcada dentro do ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, que leva a cabo a A. C. Alexandre Bóveda.
Arquivo da categoría: Lingua
A Coruña: conferencia sobre Aproximación á toponimia costeira da Península da Torre, por Xurxo Souto
O martes 18 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a segunda conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Aproximación á toponimia costeira da Península da Torre, e estará a cargo de Xurxo Souto.
Compostela: VIII Xornada Xustiza e Lingua. Reflexións para a normalización, o 25 de novembro
A inscrición pode realizarse aquí.
Carballo: presentación de Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito
Arteixo: presentación de A toponimia celta de Galicia, con Fernando Cabeza Quiles
O venres 14 de novembro, ás 19:30 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, preséntase A toponimia celta de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles, publicado por Toxosoutos.
A Coruña: conferencia Onomástica e literatura: a cidade da Coruña, por Pilar García Negro
O martes 11 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a terceira conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Onomástica e literatura: a cidade da Coruña, e estará a cargo de Pilar García Negro.
A Coruña: XI Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Universidade, do 26 ao 28 de novembro
Un ano máis o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa undécima edición.
O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Universidade.
– Días: 26, 27 e 28 de novembro de 2014.
– Lugar: sala do Consello de Goberno, Reitoría, A Maestranza (A Coruña).
– Prazo de inscrición ata o 21 de novembro. Pódese realizar aquí.
– Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista a esta actividade.
– Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ás conferencias programadas.
Viveiro: conferencia Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, por Carlos Callón
A quinta feira 6 de novembro, ás 20:30 horas, no andar baixo da Biblioteca Municipal de Viveiro (Praza Maior), terá lugar unha conferencia baixo o título Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, impartida por Carlos Callón, autor do libro homónimo, publicado en Xerais. O acto está organizado polo Colectivo Pensamento e Sementeira.
A Coruña: conferencia sobre Aspectos da toponimia coruñesa e bergantiñá, por Xosé Ramón Freixeiro Mato
O martes 4 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a segunda conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Aspectos da toponimia coruñesa e bergantiñá, e estará a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
A Coruña: conferencia A nosa toponimia, por Manuel Ferreiro
O martes 28 de outubro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, Manuel Ferreiro pronunciará a conferencia A nosa toponimia, que será a primeira do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña.