O
venres
27 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Carral, entregarase o premio da 13ª edición do Certame de Poesía Concello de Carral a Emma Pedreira, polo seu Libro das mentiras, e preséntase o poemario gañador da anterior edición, As crebas, de Miro Villar, publicado en Espiral Maior. Pechará o acto unha actuación poético-musical de Iulius XIII, con poemas de Eli Ríos, Lois Pereiro e Emma Pedreira.
Arquivo da categoría: Música
Santiago: representación de A illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro
O
venres 27 de maio, ás 21:00 h., no Teatro Principal de Santiago de Compostela, representación da peza que a Compañía Inversa Teatro preparou a partir do libro A illa das mulleres loucas de Alfonso Pexegueiro. A obra é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura. Vanesa Sotelo dirixe esta montaxe, con escenografía de Inversa Teatro, deseño de son de Berrogüetto e música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (harpa), que actuarán en directo.
Santiago: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O
xoves 26 de maio, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentacion de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Gracia Santorum e Manuel Bragado, e o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén) interpretarán as pezas do disco que acompaña á novela.
A Coruña: charla de Xabier P. DoCampo no ciclo Unha película, unha canción, un libro
O xoves
26 de maio, a partir das 20:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, Xabier P. DoCampo participará nunha charla no ciclo Unha película, unha canción, un libro, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, no que falará sobre as súas vivencias nestes campos.
Madrid: Festa das letras galegas por Galicia en Madrid
“O
Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés é o escenario elixido para celebrar a Festa das Letras Galegas na capital de España. Será o próximo 21 de maio, no marco dun evento de sete horas e media co que botará a andar o proxecto cultural Galiciaenmadrid.com.
Era unha cita obrigada. Lois Pereiro regresa a Madrid, escenario fundamental na súa vida e obra. Madrid foi a cidade do desencanto universitario, a dos paseos polo Rastro, a das sesións de cinema na Filmoteca, a da aprendizaxe de idiomas, a dos fulgores da Transición e a movida, pero tamén a da fatalidade polo envelenamento do aceite de colza. Pero sobre todo, Madrid foi a cidade dos primeiros poemas, onde Lois Pereiro se fixo público con aqueles versos na revista experimental Loia, promovida por un grupo de galegos instalados na cidade, entre os que estaban o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas, Menchu Lamas e Antón Patiño. Precisamente o fillo destes dous últimos, Lois Patiño, é un dos participantes neste ambicioso proxecto de Galiciaenmadrid.com que puxeron en marcha Silvia Bardelás e Beatriz González Goce, coa colaboración doutros galegos residentes en Madrid, para dar a coñecer a realidade da nosa cultura na capital de España.
Este proxecto cultural botará a andar o próximo 21 de maio coa celebración da Festa das Letras Galegas en La Tabacalera, sita no popular e multicultural barrio de Lavapiés, un escenario á medida de Lois Pereiro, o guía deste gran desembaque da cultura galega en Madrid.
PROGRAMA
– 16:00 h. Inicio das actividades:
NAVE CENTRAL: Dramatización de Esther Carrodeguas. Collage.
SALA 1: Proxección da película de animación De Profundis de Miguelanxo Prado.
SALA 2: Proxección de curtas de animación, mostra do cómic en Galicia (Álex Cal, Emma Ríos, David Rubín, David Braña…).
PATIO (aire libre): un equipo de grafiteros galegos realizará unha intervención conxunta nas paredes de La Tabacalera.
– 17:00 h.
NAVE CENTRAL: Performance a cargo de Natalja Dudek con poemas de Elías Portela.
SALA 1: Proxección de curtas documentais de festivais musicais de Galicia: Festival música folk de Ortigueira, Cultura Quente de Caldas, Festival FAX de Ourense, Festival Vigo Transforma e Festival de jazz de Vigo Imaxina Sons.
SALA 2: Documental de Pablo Outón sobre a actividad do graffiti en Galicia.
– 18:00 h.
NAVE CENTRAL: Dramatización dun texto de Xesús Manuel Marcos e presentación da editorial Pulp Books.
SALA 2: documental sobre a historia e actividade do Festival de Cans e sesión continua de curtas, making off de animación e cómic.
– 19:00 h. HOMENAXE A LOIS PEREIRO:
* Presentación de Lois Patiño.
* Lectura pública.
* Dramatización de Alfonso Armada.
* Lectura de Xosé Manuel Pereiro.
* Música a cargo de Manu Clavijo e O Leo.
* Proxección de imaxes.
– 21:00 h. Conexión en directo coa clausura do Festival de Cans; e proxección do making off da intervención dos grafiteiros nas paredes de La Tabacalera.
– 21:15 h. Festa gastronómica na Nave Central con música de gaitas.
– 21.45 h. Concerto do Grupo Correos e de de Jing Hang Man e os Cunha Brothers.
– 23:30 h. Despedida e peche.”
A Coruña: Unha tarde con Lois Pereiro, conferencia de Mercedes Queixas e actuación de Manu Clavijo
O
venres 20 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º) da Coruña, terá lugar a conferencia Unha tarde con Lois Pereiro, na que Mercedes Queixas falará sobre a figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e presentará o seu libro Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo, publicado en Laiovento. Despois actuará o cantautor Manu Clavijo, quen ofrecerá parte dos seus traballos sobre Lois.
A Coruña: espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta, con Fran Alonso e Xurxo Souto
O venres 20 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto (Campo de Marte, s/n.) da Coruña, Fran Alonso e Xurxo Souto presentan o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e tamén, por suposto, a adultos. Durante a sesión, a poesía converterase en maxia, música e xogo e soará o acordeón. O acto está organizado pola Librería Sisargas e Edicións Xerais.
A Coruña: presentación de Cambio de estrela, de Iria Anido Pedreira
O
venres 20 de maio, ás 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza do Libro) da Coruña, preséntase o libro de poemas Cambio de estrela, de Iria Anido Pedreira, publicado en 3C3, onde os textos dialogan coas ilustracións de Xan Eguía. No acto intervirán Xulio López Valcárcel, X. Amancio Liñares Giraut e a autora. Haberá tamén unha actuación musical de Xan Eguía –saxofón–, Kace –percusión– e Julio –guitarra–.
Santiago: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa Panisse
A Coruña: Festa do Libro, actividades do martes 17 de maio
Finaliza
a nova edición da FESTA DO LIBRO, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o martes 17:
– 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
– De 17:30 a 19:30 h.- “Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato”. Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
– 18:00 h.- Presentación da serie de novelas “Suso Espada”, de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega “Suso Espada. Nota Roja“. Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
– 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
– 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: “Tradicción“. Diante do Kiosco Alfonso.
– 20:00 h.- “Declaración audiovisual: Lois Pereiro“, por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
– 20:30 h.- “Moita poesía, pouca diversión”. Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

