Arquivo da categoría: Narrativa
Escola de Escritoras-es. Obradoiro Literatura, un modo de estar na vida, impartido por Suso de Toro
O Obradoiro Literatura, un modo de estar na vida, impartido por Suso de Toro, contando nunha das sesións como autora convidada con Susana Sánchez Arins, é unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago.
– Como nos construímos como escritor@s.
– Como encontramos @ escritor/a que somos.
– Ética e estética de ser escritor/a, unha forma de estar, unha forma de ser.
– A palabra “literaturizada”.
– Os camiños para literaturizar.
CALENDARIO E INSCRICIÓN
– Días e horarios: sábados 5, 12, 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14 e 21 de novembro, de 11:30 a 13:30 h.
– Máximo de 12 prazas para persoas maiores de 18 anos.
– Inscrición, necesaria e gratuíta, no correo electrónico oficina@aelg.org
– As prazas asignaranse por orde de inscrición.
– O obradoiro desenvolverase na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Rúa das Casas Reais, 8), de Santiago de Compostela.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.
O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Pontevedra: Obradoiro de creación literaria Mulleres na literatura do cotián, con Montse Fajardo
O
Obradoiro de creación literaria Mulleres na literatura do cotián é unha iniciativa da Escola de Escritoras/es da AELG, co patrocinio e colaboración do Pazo da Cultura e o Concello de Pontevedra.
Desde unha perspectiva feminista, o obradoiro busca afondar na literatura do cotián, nos relatos protagonizados por mulleres “do común”. Irá na procura de historias do día a día, na realización de textos baseados en experiencias propias ou protagonizados por mulleres “reais” afastadas tanto das heroínas como das damas en apuros que coparon a literatura durante séculos. A creación será usada como terapia, como arma de empoderamento e sororidade, que nos convenza de que cada vida é unha historia única que merece a pena vivir e contar devagar.
O obradoiro será impartido por Montse Fajardo e contará cunha sesión especial de Inma López Silva. Noutra sesión estará presente a actriz Sheyla Fariña, que participou na adaptación teatral do libro Invisibles.
Calendario e inscrición
– Días: sábados 26 de setembro; 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro; e 7 e 14 de novembro de 2020
– Horarios: de 10:30 a 12:30
– 25 prazas para persoas maiores de 16 anos.
– Inscrición, gratuíta, no correo electrónico oficina@aelg.org
– As prazas asignaranse por orde de solicitude.
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 – Aula da Escola de Escritoræs da AELG.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Epañola de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Foz: actos destacados na Feira do Libro 2020 para os 22 e 23 de agosto
O 23 de agosto finaliza continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes dous días:
Sábado 22
– 20:00 h. Nazaret López asina Formigas nos pés, publicado por Xerais.
– 21:00 h. Abraham Pérez asina Fragmento/Creba, publicado por Galaxia.
Domingo 23
– 19:00 h. Antía Yáñez asina Be Water, publicado por Cuarto de Inverno, e O misterio do torque de Burela, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. María Xosé Porteiro asina Sándalo, publicado por Galaxia.
Cantiga de Leviatán: Rodrigo Costoya e a novela Portosanto, Cristóbal Colón ou Pedro Madruga, por Xosé Iglesias
Foz: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 21 de agosto
O 21 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 18:00 h. Estefanía Padullés asina Leopoldo, o pequeno monstro, publicado por Hércules.
– 19:00 h. Martín Fernández Vizoso asina Memoria de Mariñáns 2, publicado por Galicia en el Mundo.
– 20:00 h. Antonio Reigosa asina Guía de campo da Galicia Encantada, publicado por Xerais, Contrahistorias de Galicia, publicado por Embora, e Cen historias máxicas pola Mariña encantada, publicado por Libros Lar.
– 21:00 h. Manuel Portas asina Cadencias, publicado por Xerais.
Foz: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 20 de agosto
O 20 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Inauguración a cargo de Natalia Alonso Ramos.
– 20:00 h. Natalia Alonso Ramos asina A síndrome de Hayworth, publicada por Medulia.
– 21:00 h. Elba Pedrosa asina O que non sabías, publicado por Xerais.
Cantiga de Leviatán: Anxo Angueira, dornas na Illa Lobeira, por Xosé Iglesias
Artigo en Italia sobre O club da calceta de María Reimóndez
“A web italiana www.insulaeuropea.eu/ acolle un artigo de Silvia Corelli sobre O club da calceta de María Reimóndez, traducida ao italiano por Attilio Castellucci en 2007 (Il club della calzetta. Milán: Gran via). Para alén da lectura orixinal que realiza da novela, a autora reflexiona sobre o impacto do feminismo en Galicia e a influencia que tivo esta descuberta nas investigacións que estaba a realizar cando chegou a Santiago de Compostela sobre a presenza da muller na literatura. Mais a pegada do feminismo galego tamén se deixou notar na súa vida persoal e na posición que ocupaba na sociedade como muller.
Pódese consultar o texto italiano na seguinte ligazón.
A web Insulaeuropea.eu, dirixida polo profesor da Universitá de Perugia Carlo Pulsoni, publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas e Europa, entre elas a galega.”



