Arquivo da categoría: Narrativa
Redondela: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 16 de xullo
O 16 de xullo comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:30 h. Pregón a cargo de Manuel Puga Pereira.
– 20:00 h. María Alonso Alonso asina Red Lion, publicado por Galaxia.
Compostela: Raquel Miragaia presenta Tempo Tardade
Medidas anti-Covid:
*Precisamos inscrición previa xa que haberá prazas limitadas. Podedes enviar un mail aqui: liladelilith@gmail.com
*Poñeremos cadeiras debidamente separadas e reservadas para quen se inscriba.
*Obrigatorio o uso de máscara.
*Obrigatorio uso do xel hidroalcólico cando entredes na libraría.
*Mantede a distancia de seguridade.
Ponteareas: actos destacados na Feira do Libro 2020 para os 11 e 12 de xullo
O 12 de xullo finaliza a Feira do Libro de Ponteareas (na Praza Maior, con horario de 12:00 a 14:00 -o sábado abrirá ás 11:00- e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 11
– 18:00 h. Carlos Da Aira asina A guerra era contra nós, publicado por Xerais.
– 19:00 h. Nazaret López asina Formigas nos pés, publicado por Xerais.
– 21:00 h. Xurxo Lobato asina Galicia é unha festa, edición do autor.
Domingo 12
– 18:00 h. Elisabeth Oliveira asina Náufragas no mar e na terra, publicado por Urutau.
– 19:00 h. Roi Vidal asina As máscaras brancas, publicado por Positivas.
– 20:00 h. Inma López Silva asina O libro da filla, publicado por Galaxia.
– 21:00 h. Manrique Fernández asina Os anxos indecisos, publicado por Galaxia.
“Decálogo da novela”, por Iván García Campos
Artigo de Iván García Campos en Euseino?:
“A narrativa como disciplina artística
1) Espera. Hai un aspecto desacougante en como ás veces nos achegamos ás novelas. Nese carácter didáctico e utilitario que por veces lles outorgamos. Dicimos de tal novela que ensina sobre a vida en parella; doutra, que nos amosa como a dor pode ser un estímulo na vida, e así. Coma se os autores lles ensinasen cousas aos lectores. En realidade, ningunha novela debería poder resumirse nunha lección de ningún tipo. A novela é sen un porqué e, mesmo sen ese porqué, é indispensable que exista: non nos deberían de entregar ningún saber, senón un lugar de incerteza, curiosidade e espera.
2) Incerteza. Unha novela debería ser unha máquina de suxerir preguntas, de posibilitar a aparición dun ou varios presentimentos, en ningún caso de convencer a ninguén de nada. Unha novela é un libro vivo cando o lector, despois de a ler, acaba tendo máis incertezas ou facéndose máis preguntas sobre a vida das que se facía antes. (…)”
Manuel Esteban: “Para min, escribir non é simplemente narrar unha historia”
Ponteareas: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 10 de xullo
O 10 de xullo continúa a Feira do Libro de Ponteareas (na Praza Maior, con horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Manel Monteagudo asina Camiño á lagoa dos bardos, publicado por ViveLibro.
– 19:00 h. César Lorenzo Gil e Jorge Campos asinan Atlas da Galicia pequeniña, publicado por Aira Editorial.
– 20:00 h. Pablo Prado asina O derradeiro libro de Emma Olsen, novela gráfica con texto de Berta Dávila, publicada por Galaxia.
– 21:00 h. Susana Lamela asina Invisible, con maleta verde e zapatos vermellos, libro publicado en autoedición.
Ponteareas: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 9 de xullo
O 9 de xullo comeza a Feira do Libro de Ponteareas (na Praza Maior, con horario no primeiro día de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Anémona de Río asina A proba de auga, publicado por Xerais.
– 19:00 h. Manuel Portas asina Cadencias, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Pregón a cargo de Clodio González.
– 21:00 h. Francisco Castro asina Tantos anos de silencio, publicado por Galaxia.
Elba Pedrosa: “Aínda aturamos amores doentes”
Entrevista a Elba Pedrosa en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Esta novela [O que non sabías] nace dunha historia real?
– Elba Pedrosa (EP): De cativa escoitara moito os contos da familia. Tiña un remexido de historias, e tamén a idea da muller que busca a súa liberdade. Foi unha mestura desas ideas que veñen de hai anos. Quería escoitar, e que se ouvise, esa voz da muller liberadora que sofre a historia.
– LVG: Ten moito que ver coa familia e a muller galegas, coa nosa paisaxe familiar.
– EP: É a historia dunha familia galega que garda segredos do pasado, que se foron herdando de xeración en xeración, e que saen a través de dúas voces, a de Marisa e a do seu fillo, Roberto.
– LVG: O ton é intimista, sobre todo polas cartas de Marisa, esas intensas cartas que envía a un curmán. Por que escolleu esta forma? A voz da nai soa dun xeito moi diferente á do fillo no ouvido do lector.
– EP: Si, son voces moi distintas. Realmente a historia cóntaa o fillo, son as lembranzas da súa infancia e xuventude, e isto permite tamén que poida meter a voz da muller, as pinceladas do contexto histórico, da situación física e social. Pero o que achegan as cartas de Marisa son ese falar na intimidade, unha muller asubiando no seu silencio… Cando un escribe cartas escríbeas desde o silencio, en soidade. Isto permitiume conectar con ela e romper un pouco o ritmo, a rixidez. As cartas van entrando na novela para explicar cousas dende outra perspectiva. O fillo narra a historia familiar dende o seu punto de vista. O dela é outro. Ela acocha os misterios que non contou en vida. (…)”


